Notas de prensa

Emilio Martínez-Lázaro, premio Cidade de Ourense no 19OUFF

O madrileño é actualmente un dos directores máis importantes do panorama cinematográfico español. Os seus filmes conseguiron encher as salas de cine e as súas achegas como guionista e produtor redondearon o seu éxito.

Emilio Martínez-Lázaro (Madrid, 1945) é un director, produtor e guionista español de longo percorrido. A día de hoxe ten entre os seus logros o de ser o director do filme máis taquilleiro de toda a historia do noso cine, Ocho apellidos vascos (2013). Como homenaxe a toda a súa traxectoria e querendo celebrar o éxito do cine español neste ano 2014, o Festival de Cine Internacional de Ourense na súa 19ª edición concederalle o Premio Cidade de Ourense.

Tras comezar a estudar Física na Universidade Complutense de Madrid, Martínez-Lázaro tivo o seu primeiro achegamento ao audiovisual escribindo críticas de cine nas revistas Griffith e Nuestro Cine. Despois de ver Los 400 golpes (1959) de Truffaut tomou a decisión de ser cineasta. Sería no ano 1971 cando unha das súas primeiras curtametraxes, El camino del cielo, o levou a facerse coa Espiga de Ouro (1º Premio de Valores Humanos) no Festival de Cine de Valladolid.

A finais dos anos setenta colaborou con Elías Querejeta en Pascual Duarte (1976) como guionista e en Las palabras de Max (1978) como guionista e director, gañando con esta última o Oso de Ouro no Festival de Berlín de 1978. Esta faceta de guionista tena desenvolvido ao lado de numerosos e recoñecidos profesionais ao longo da súa traxectoria: Jesús Franco, a produtora Profilmes, Carlos Aured, León Klimowski, Mur Oti, Alfonso Ungría, Ricardo Franco e Televisión Española.

Se nos temos que referir á década máis prolífica na carreira de Martínez-Lázaro, esta sería sen dúbida a dos oitenta. Nela traballou xunto con José Luis Cuerda na serie Máscara negra ou na que moitos consideran unha das súas mellores obras, Lulú de noche (1985), protagonizada por Antonio Resines, Amparo Muñoz e Imanol Arias. Despois disto, e xa na década dos noventa, traballaría con Ariadna Gil en Amo tu cama rica (1991), tras a que chegaría Carreteras secundarias (1997).

Malia non ter La voz de su amo (2000) excesivarepercusión, estrearía ao ano seguinte unha das súas películas máis coñecidas e queridas polo público, El otro lado de la cama (2001), que recibiu numerosos premios nacionais e internacionais chegando incluso a realizar unha secuela, o musical Los dos lados de la cama (2005).

Na súa filmografía, Las 13 rosas (2007) e Lamontaña rusa (2010) serían as películas que precederían a Ocho apellidos vascos (2013), a máis taquilleira de toda a historia do cine español ata o día de hoxe.

Nesta 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, Emilio Martínez-Lázaro recolle o testemuño de Pedro Olea no 2013 facéndose co Premio Cidade de Ourense. A homenaxe terá lugar o martes 18 de novembro ás 20h30 nunha gala que se celebrará no Teatro Principal de Ourense. Nela farase entrega do galardón para, posteriormente, proxectar a súa última película, Ocho apellidos vascos (2013), que ocupa xa un destacado lugar na historia do noso cine.

Gabinete de Comunicación Concello de Ourense, 2014-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES