Notas de prensa

Preséntase en Madrid o libro Testigo y parte de la historia reciente de Galicia

Víctor M. Vázquez Portomeñe é o autor do libro Testigo y parte de la historia reciente de Galicia, que se presentou na Casa de Galicia en Madrid, e no que se repasan os momentos, sucesos e persoas que marcaron a súa vida, familia, amigos e compañeiros da política.

A delegación da Xunta, Casa de Galicia acolleu a presentación en Madrid do libro "Testigo y parte de la historia reciente de Galicia”, de Víctor M. Vázquez Portomeñe, publicado por Hércules de Ediciones e no que a xeito de biografía, o autor fai un repaso polos momentos, os sucesos e as persoas que marcaron a súa vida, familia, amigos e compañeiros de política, tanto aliados como adversarios.

No acto -ao que asistiron diferentes personalidades como Juan José Laborda-, interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López; o editor Francisco Rodríguez Iglesias; o catedrático de Socioloxía da universidade Rey Juan Carlos Octavio Uña Juárez; o presidente do Consello de Estado José Manuel Romay Beccaría; e o propio autor, Víctor M. Vázquez Portomeñe.

Tras as súas palabras de saúdo e benvida, Ónega destacou que Portomeñe é "máis que un historiador", xa que foi "intérprete e actor" da etapa que lle tocou vivir. "É o mago que transformou unha realidade social e política. Foi testemuña e parte, promoveu o Xacobeo, volveu inventar o Camiño de Santiago e fixo políticas que aínda hoxe perviven", dixo.

Pola súa banda, o editor Francisco Rodríguez Iglesias sinalou que se sentía moi satisfeito co libro e evocou a familia do autor, unha nai coraxe, que sendo viúva foi capaz de dar estudos aos seus catro fillos e dedefinió a Portomeñe como "o Suárez galego", ademais de "o mellor conselleiro que tivo Galicia".

Octavio Uña, -de orixe zamorana que recordou o seu amor por Galicia, en cuxa universidade de Compostela foi profesor e gañou a súa cátedra-, cualificou o libro de "imprescindible para entender a transición galega" e agradeceu ao autor o seu "persoal visión, honesta e dende dentro". "A historia fixérona individuos e este libro é proba dixo", sinalou.

Beccaría, que encheu a súa exposición de vivencias persoais e anécdotas cheas de retranca, comentou entre outras cousas que "para moitos, Portomeñe é o outro Pío Cabanillas, pero hai unha diferenza. Portomeñe amaba os púlpitos e Pío as sancristías".

Mentres, Portomeñe sinalou que despois de seis anos de abandonar a política quería "deixar constancia dos feitos, os nomes, os lugares e os porqués" dos últimos corenta anos da Historia de Galicia, "unha forma de pechar unha longa etapa da miña vida, os meus recordos plasmados negro sobre branco, coa sinceridade que me ditou a consciencia".

Tras unhas pinceladas sobre a Transición, o libro analiza o proceso preautonómico e as primeiras eleccións autonómicas. Despois detense nos avatares dos diferentes gobernos (de Fernández Albor a Núñez Feijóo), con especial fincapé na "Era Fraga", nas entrañas da política galega e "no desenvolvemento dos acontecementos que todos coñecemos, aínda que non teñamos toda a información sobre estes".

A realización desta obra obedece á necesidade que sentía o autor de "contar a historia da que fun testemuña e que escribimos todos os galegos, dende que me asomei ás responsabilidades públicas".

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, avogado e funcionario da Administración Local, viviu en primeira persoa a construción da Autonomía galega: foi conselleiro preautonómico, participou na redacción do "Estatuto dos 16", de novo conselleiro con Fernández Albor, deputado autonómico nas catro primeiras lexislaturas, voceiro do Grupo Parlamentario Popular... Pero a súa época dourada viviuna baixo as lexislaturas presididas por Fraga Iribarne, nas que dirixiu varias consellerías e foi Voceiro do Goberno. Senador ata 2008, é recordado por "reinventar" os Camiños de Santiago co Xacobeo 93.
Retirado da política activa en 2008, non quixo deixar pasar a ocasión de contar a Historia dende dentro, a súa Historia, no libro "Testigo y parte de la historia reciente de Galicia”

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES