
Ao remate da XXXVI edición da Semana de Cine de Lugo, o Grupo
Fotocinematográfico Fonmiñá quere agradecer a súa xenerosa aportación a todos os que fixeron posible que fose un éxito.
Aportación especial a que fixo o público de Lugo ao acudir ás diversas proxeccións en número máis que notable, tanto no Auditorio Gustavo Freire pazo do festival- coma no resto das salas de exhibición: Biblioteca Nodal, Vicerreitorado da Universidade, Deputación Provincial, Museo Provincial e Museo interactivo da historia lucense (MIHL).
No Auditorio (valorando de xeito moi importante a Sección oficial e O mellor do ano), compre destacar especialmente a asistencia ás sesións infantís, tanto a inicial do luns coa proxección de O Apóstolo como a do resto dos días, ás seis da tarde, que en conxunto superaron amplamente os tres mil asistentes. Colleitaron un éxito de público os ciclos Arte de cine, que se exhibiu no Museo Provincial, e E para comer... Lugo, na Biblioteca Nodal, sendo tamén moi importante a asistencia ás proxeccións de
curtametraxes tanto no Vicerreitorado coma no Mihl.
Agradecemento especial tamén para os organismos e entidades que
copatrocinan a Semana: Deputación Provincial de Lugo/Vicepresidencia, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade-Campus de Lugo, Fundación TIC e Autogándara. E recoñecemento aos medios informativos pola extraordinaria difusión que fixeron desta edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Gracias a todos.
Acompáñase o resultado das votacións do público asistente
en relación coas películas exhibidas na sección oficial e as de
curtametraxes.
SECCION OFICIAL: (Puntuación de 0 a 3).
LA SEGUNDA MUJER (2,32).
EL RAYO (2,13).
GLORIA (2,11).
LA MUJER DEL CHATARRERO (1,78).
SISTER (1,61).
AS CURTAS TAMÉN SON CINE (CURTAMETRAXES): (Puntuación de 0 a 5).
LAS CASITAS (4,60).
FLORES PARA AMALIA (4,53).
ESTOCOLMO (4,39)
AMOR A PRIMERA VISTA (4,35).
MINIATURAS (4,26).
CUERDAS (4,18).
La película lucense presentada en esta sección "V.H.S." obtuvo unha puntuación de 3,41.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.