
O guitarrista Daniel Minimalia presentou na Cidade da Cultura o videoclip do single de adianto do que será o seu segundo traballo, Olas del Sur, rodado no complexo do Gaiás en colaboración con Rosa Cedrón. O artista estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, quen aproveitou para convidar a todos os galegos ao concerto que Minimalia ofrecerá o 12 de setembro no Museo Centro Gaiás.
Olas del Sur é o adianto do segundo disco de Daniel Minimalia que levará por título Arenas de luna e que sairá á venda a primeira semana de outubro. Tras o exitoso debut con Cuentos Sonoros, Daniel Minimalia ofrecerá a súa vertente máis orgánica e racial neste segundo traballo, que se distribuirá en países como EE.UU. ou Alemaña, e co que emprenderá unha xira nacional en cidades como Madrid, Valencia, Sevilla, Málaga, Barcelona, Lugo, A Coruña ou Ourense. Finalizada esta xira viaxará aos Ánxeles para realizar a presentación en Estados Unidos.
Para a gravación deste primeiro tema, Daniel Minimalia contou coa voz de Rosa Cedrón e a dirección de Carlos Seijo, responsable do videoclip que se presentou esta tarde e que foi rodado nos interiores da Cidade da Cultura. O artista destacou a elección dos interiores da Cidade da Cultura pola súa contundencia estética, o seu minimalismo, a súa arquitectura sintética e rítmica e por ser un espazo ideado para a creación e para os creadores.
Concerto no Museo Centro Gaiás
Vázquez Abad, pola súa banda, gabou a profesionalidade de Daniel Minimalia que, a pesar da súa xuventude, cativou dixo a público e crítica nacional e internacional co seu primeiro traballo. O responsable de Cultura agradeceulle a elección da Cidade da Cultura como escenario do seu traballo e aproveitou para convidar a todos os galegos a gozar coa música deste mozo no concerto que ofrecerá o vindeiro 12 de setembro no Gaiás. Daniel Minimalia subirá ao escenario do Museo Centro Gaiás para presentar algúns dos temas do seu próximo disco, Arenas de luna. A partir das 19 horas e con entrada de balde, o guitarrista despregará toda a maxia da súa arte.
Con esta actuación, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad busca ofrecer a todos os visitantes da mostra que desde marzo se expón no Museo Centro Gaiás. Así, ademais de descubrir a beleza da auga doce a través das obras de artistas do talle de John Constable, David Hockney, Gerhard Richter, Louise Bourgeois, Mario Merz, Martín Chirino ou Chema Madoz; os visitantes que se acheguen á Cidade da Cultura poderán gozar cos sons deste novísimo compositor e guitarrista galego, nominado aos Hollywood Music Awards, un dos certames musicais independentes máis prestixiosos do mundo.
Grande éxito de crítica e público
Daniel Minimalia, nado en Vitoria hai 28 anos, pero criado en Ourense, editou en 2012 o seu primeiro traballo en solitario, Cuentos sonoros, co que cativou a crítica especializada e público ao mesmo tempo.
Cuentos Sonoros contén doce temas, todos compostos por este prometedor músico, que configuran a súa propia fantasía sonora. Desde moi novo aprendeu a tocar varios instrumentos guitarra eléctrica, acústica, española, baixo eléctrico e piano-, o que lle permitiu realizar un traballo ecléctico que transita por xéneros diversos que van desde o clásico ao new age, a música étnica, o pop e a música de raíz, pasando polo rock sinfónico.
Todo un universo de melodías que narran pequenos relatos, historias que teñen a guitarra como actor principal, arroupada sempre por diversos instrumentos como o baixo, a batería, a percusión, a voz e o piano.
Fotografía: http://www.danielminimalia.com/Blog/contenido/67/8_DE_SEPTIEMBRE_ESTRENO_DE_OLAS_DEL_SUR
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.