Notas de prensa

O programa Platea e un premio Pulitzer abren a tempada de outono no Teatro Colón (A Coruña)

Despois de dedicarlle o verán ao humor cos espectáculos Resofocos, El renovado show de 2 caras duras en crise con Bertín Osborne e Paco Arévalo e Enfrentados, con Arturo Fernández el Teatro Colón cesa a súa actividade ata o próximo mes de setembro. O Teatro será protagonista no inicio da tempada.

O 12 e 13 de setembro unha produción do centro dramático nacional, Atlas de geografía humana (incluído no programa platea), o xoves 18 e venres 19 Cena con Amigos. O humor de Goyo Jiménez, os personaxes infantís de La Guagua e o 8º Festival Galego de cabaré completan a programación dos últimos días do verán.

Opcións para todos os públicos no mes de setembro

Teatro, humor, música en familia e cabaré son as propostas para o mes de setembro. O venres 12, o programa platea volve ao colón con Atlas de geografía humana. Un texto de Almudena Grandes producido polo centro dramático nacional. O xoves 18 e venres 19 continúa o teatro cunha obra de Donald Margulies, Cena con amigos, texto co que gañou o premio Pulitzer de drama no ano dous mil. Unha versión e dirección do arxentino Daniel Veronese.

O sábado 20, con dobre pase, volve Goyo Jiménez ao teatro colón co seu novo monólogo, Evoluzion, para maiores de 12 anos. O domingo 21 volverá a programación infantil. Que vivan os nenos!, un musical dunha compañía de Ferrol,a guagua, no que todos os personaxes farán deste un espectáculo inesquecible para a familia.

Por último, dende o mércores 24 e ata o domingo 28 terá lugar o 8º festival galego de cabaré. Unha gala de inauguración conducida por Cristina Moreira e Nelson Quinteiro abrirá o festival. O xoves 25, o colectivo femme fatale, inspirándose na linguaxe de Won Kar Wai, representará Babel. Canto de Sereas. A tuerka 27 organiza a gala benéfica do venres 26, Con Martín a Río 2016!, a finalidade non é outra que apoiar a carreira deste deportista galego.

A tarde do sábado 27 dedicarase a un espectáculo enfiado polo Colectivo Femme Fatale. Un maratón de cabaré, música en directo, comedia e monólogos. Pecha este festival Máxico Circus Cabaré, un espectáculo de maxia, comedia e humor apto para toda a familia, o domingo 28 ás seis da tarde.

O despacho de billetes do Teatro Colón permanecerá pechado ata o próximo luns 1 de setembro. Ata entón as entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es en www.servinova.com . No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Afundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, de 9.00 a 21.00 horas.

Teatro Colón, 2014-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES