
Ademais do premio en metálico a banda gañadora actuará un día no Festival compartindo cartel con grupos consolidados da escena musical galega.
En total 27 actuacións e máis de 14 actividades de balde. Entre os grupos asistentes durante os tres días estan: Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto, Os Rastreros, Ulträqäns, DZ Selectors, Dj Crebinsky, Xurxo Souto, Pinto Herbón, Sés, Terbutalina, Dakidarría, Nao, Noite Fechada, Liviao do Marrao, Brigada A.M Soundsystem, La Familia Caamagno, Leo e Arremecaghona, Tandub, Borderline 79, Alpargata, Os Terribles de Arousa, Fanfarria Taquicardia, Bombo Tambor, Don Gelati Clow, Isabel Risco, Isla Letrisca Circo e Malabares, Alas Circo Teatro Aéreos, Peter Punk Circo, Alas Teatro Aéreos, Rodri Suárez coa presentación do libro "Non temos medo" ou a Feira Revenida.
Xa están a venda as entradas anticipadas. Os bonos en venta anticipada para os dous días de pago, venres e sábado, custan 18 euros. Podense adquirir por internet a través da web www.revenidas.com ou nos puntos de venda espallados por toda Galicia. O festival mantén a súa liña de concursos e premios para os seus fans nas redes sociais, facebook, instagram e twitter.
Máis info:
http://www.revenidas.com/web/actividades-de-balde/
http://www.revenidas.com/web/horarios-do-revenidas/
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.