Notas de prensa

Samarúas chegan por primeira vez á Coruña

Son moitas as horas nas que a música de Samarúas ten soado na cidade pero sempre en forma de ensaio. É na Coruña onde pasan a maioría de horas preparando os seus temas, pero pese a isto todavía non houbo posibilidade de poder velos en directo, algo que será efectivo o mércores 20 dentro da Festa da Fresa de Eirís. Samarúas comezaron en maio os seus concertos desta tempada, e dende a Festa Amanexa de Oleiros foron a Aguiño a tocar no Son do Barbansa cuns referentes na música galega coma Heredeiros da Crus.

Dende alí chegaron a Vimianzo ó Asalto ó Castelo, unha cita que non esquecerán polo apoio do público e as colaboracións de xente coma Kepa Junkera.

Algúns califícano de “fenómeno” na Costa da Morte, posto que dende alí seguiron os concertos na Semana Cultural de Zas e o pasado venres un ben especial no peirao de Malpica dentro da VII Festa Galega.

Próximo destino, Eirís!

O mércores 20 a partir das 21:30h. presentarán Samarúas a súa proposta no parque de Eirís dentro das actividades da que se desenrrolará durante toda a tarde con distintas actividades e que logo do concerto pechará coa orquestra canaria Armonía Show.

A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinan temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Veñen da canteira da música tradicional que recrean e presentan un proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra.

Samarúas, 2014-08-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES