Notas de prensa

Exposición Fotográfica Itinerante "Voyage 2014. Marruecos" de Igor Gonzalo

O fotógrafo Igor Gonzalo mostra no Ateneo Ferrolan a 6ª edición do proxecto VOYAGE, dedicado ao Marrocos máis oculto e descoñecido. O artista castelán elixe a cidade de Ferrol para abrir a súa 6ª exposición itinerante baixo o selo 'Voyage', que este ano ten como protagonista única a Marrocos. Nesta exposición recóllense 39 fotografías a gran formato que explican graficamente e baixo unha mirada fotoperiodística a realidade dos que habitan en Marrocos.

Conservando a mirada natural e a falta de pousados ou fotografías buscadas, Igor Gonzalo ofrécenos no seu 'Voyage' máis de autor, pinceladas sobre a vida neste país, a súa forma de trasladarse dunhas cidades a outras, a súa alimentación e a súa economía máis social. Deixando atrás a típica mirada turística ou a que estamos máis afeitos a ver, Igor Gonzalo destácanos imaxes da vida cotiá, fóra das rutas máis transitadas.

O autor, con 31 de anos de idade, está licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Burgos e postgraduado en Fotoxornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas imaxes son publicadas a nivel internacional en guías de viaxe como Repsol, Fodor's... e revistas especializadas como National Geographic, deViajes, Sky (do grupo de aeroliñas Delta Airlines)...

Anteriormente, as súas exposicións centráronse en lugares como Túnez, Portugal, Nova York, España e a capital dos últimos Xogos Olímpicos, Londres. En España puidéronse ver as súas imaxes en Cuenca, Burgos, Soria, Barcelona, La Rioja, Santiago de Compostela... e tamén fóra das nosas fronteiras, en Polonia, onde ademais impartiu varias charlas e talleres fotográficos; e lugar onde coordina xunto á fotoxornalista Cristina Pérez Parapar unha Viaxe Fotográfica para os que desexan aprender fotografía de viaxes dunha forma diferente (máis información en www.viajayfotografia.com).

Esta mostra, verase no Ateneo Ferrolan do 5 de Agosto (inauguración ás 20:30 h.) ata o 26 de Agosto. Tras iso, expoñerase no Castelo de Santa Cruz (Oleiros); logo na Universidade da Coruña e tras iso, viaxará cara a Castela e León.

Ateneo Ferrolán, 2014-08-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES