Notas de prensa

Música no Claustro consolidase como festival interdisciplinar de referencia de Galicia e norte de Portugal na súa X edición

A X Edición de Música no Claustro chega do 6 ao 10 de agosto con gran expectación debido a ter experimentado un importante crecemento dende o punto de vista cultural, artístico e de xestión. A grella de programación ascende nesta edición a 7 concertos, xa que o sábado e o domingo o festival ofrece dúas propostas musicais. Cabe destacar a experiencia única de coñecer a Catedral a escuras baixo a luz da lúa chea á media noite durante o concerto de órgano que o galego Fernando Buide, doutor na Universidade de Yale, ofrecerá en memoria ao Pai Rosendo Salvado.

Seguindo a celebración dos 300 anos do órgano, Roberto Fresco, músico recoñecido internacionalmente, será o encargado de pechar o festival.

Outra cita agardada é a unión de Anxo Pintos –fundador de Berrogüetto- e Ramón Corral, discípulos do mestre da música tradicional galega Antón Corral, rendéndolle unha homenaxe nun concerto único.

Ademais nesta V edición do ciclo JLMúsica – Dos acordes participarán máis do dobre de estudantes do Conservatorio que en edicións anteriores, recibindo nesta ocasión a 30 rapaces que terán a oportunidade de mostrar a súa música.

Edición a edición o festival experimenta un crecemento de publico ao redor do 12%, esperando superar neste décimo aniversario un total de 2000 participantes. Esta realidade vese tamén reflectida na rede, na que o festival conseguiu máis de 1300 seguidores. Outra novidade é o aumento do equipo enfocado á difusión inmediata coa incorporación de bloggers propios.

Música no Claustro continua apoiando á produción de novas obras, e comeza a medrar como plataforma de exportación, levando a música galega de aCadaCanto ata festivais como o Harare International Festival of the Arts en Zimbabwe, ou o Estival Cuenca.

Así neste apoio á creación o festival inaugura tres grandes exposicións: “12 SAPOS PARA 12 MULLERES” de Susi Gesto, “INSTANTES DE MÚSICA NO CLAUSTRO” de José Luis Luque Puértolas e “CONSTELACIÓN DE DOCE MULLERES” de Victoria Vinader.

Asemade ofrecerá dous obradoiros para adultos, un de declamación poética con Marçal Font e outro obradoiro de ourivería con Susi Gesto, no que os participantes crearán conxuntamente unha xoia que pasará a formar parte do museo catedralicio. Esta actividade conta coa colaboración de Artesanía de Galicia.

O festival suma oa apoio institucional do Concello de Tui e da S.A de Xestión do plan Xacobeo o da Fundación Artesanía de Galicia, así como o apoio privado que creceu máis dun 150% respecto de edicións anteriores grazas a colaboración de empresas como FINSA, JLMúsica, Dos Acordes, Fototeca Estudio-Taller e Porta da Pía Artesanía e unha ampla equipa de profesionais que inverten as súas horas de traballo en facer deste festival unha cita única.

#tocamosmadeira

O festival “toca madeira” neste décimo aniversario e, para iso, os instrumentos de vento madeira, corda pulsada e o órgano, do que se conmemora os 300 anos de existencia, teñen un especial protagonismo. “Séculos tocando madeira” é tamén o título da mesa profesional que se desenvolverá o venres 8 na que participarán representantes da Asociación de deseñadores gráficos e industriais de Galicia (DAG), do Colexio oficial de decoradores e deseñadores de interior de Galicia (CODDIG), e da empresa de madeira, FINSA.

As visitas guiadas por Tui e pola Catedral, con subida aos tellados no remate de cada concerto, serán guiadas polo historiador tudense Suso Vila que reparará nesta edición de maneira singular na madeira do templo, en especial, a Matraca, instrumento do século XVIII recién recuperado.

Música no Claustro, 2014-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES