Notas de prensa

A área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Fundación Manuel María no Convívio da Cultura Galega

As actividades deste convívio cultural desenvolveranse durante toda a xornada do sábado, 12 de xullo, na Casa Museo Manuel María e na carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou na presentación do programa “Convívio da Cultura Galega”, unha iniciativa posta en marcha pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa, en colaboración coa área de Cultura da institución provincial. Este encontro terá lugar este sábado, 12 de xullo, na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. No acto de presentación tamén participaron Alberte Ansede, presidente da Fundación Manuel María; e o presidente da Asociación Músico Crisanto.

Durante a súa intervención, o delegado de Cultura da Deputación, explicou que “este Convívio da Cultura Galega servirá de punto de encontro para moitas asociacións e colectivos culturais da comarca e da provincia, no que terán a oportunidade de intercambiar experiencias e articular fórmulas de colaboración, algo que, de seguro, resultará moi positivo para o tecido cultural lucense”.

Asemade, Mario Outeiro, fixo fincapé en que “actividades como esta serven para por en valor a obra do poeta nacional de Galiza, así como dun museo vivo como este, a que foi a súa casa natal, e que se está a converter nun espazo cultural simbólico e identitario para todas e todos os galegos”.

Outeiro tamén aproveitou a ocasión para reivindicar que a Academia Galega da Lingua teña en conta en vindeiras edicións, a figura de Manuel María para dedicarlle o Día das Letras Galegas, “moi acaída para esta distinción, no sentido de que é unha figura que se pode explotar a nivel didáctico, algo que se debe converter en obxecto do Día das Letras Galegas, non só homenaxear a un persoeiro senón tamén divulgar o seu traballo e pór en valor a súa actividade”.

As actividades deste primeiro Convívio cultural comezarán pola mañá, a partir das 10:45 horas coa música das Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte, que soará na praza do Concello. Ao longo de toda a xornada haberá representacións teatrais a cargo da Asociación Cultural Medúlio de Ferrol; unha visita guiada por grupos á Casa Museo Manuel María; proxeccións audiovisuais, unha ofrenda floral a Manuel María no cemiterio; outra actuación musical, neste caso na carballeira de Santa Isabel, das Bandas de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales, a Coral e Banda de Música de Solfa, dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey, intercalándose con outras manifestacións culturais. neste caso na carballeira de Santa Isabel.

Completará o programa de actividades un xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar, seguido dun contacontos para as crianzas a cargo de “Fabaloba”, que representará o conto de “O neno e a estrela”, unha historia que traerá aos máis pequenos a figura de Díaz Castro. Música, xogos e paseos á beira do Miño continuarán durante toda a tarde, ata o momento da actuación musical de Pepe Vaamonde Grupo, que servirá de peche a este encontro da cultura galega.

PROGRAMA:

10:45.- As Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte reciben aos asistentes na praza do concello.
11:00.- Palabras de benvida da organización no Auditorio Manuel María.
11:15.- Actuación do grupo de teatro da A. C. Medúlio de Ferrol.
11:30.- Breve presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada (por grupos). Simultaneamente: proxección de audiovisuais e actuacións musicais.
12:30.- Saída para a carballeira de Sta. Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda á Manuel María. Na carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; a Coral e Banda de música de Solfa dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey, intercalándose con outras manifestacións culturais.
14:00.- Xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar (Vós traedes a comida e nós poñemos cadeiras e mesas).
17:45.- Para a xente miúda: Contacontos de “Fabaloba” con “O neno e a estrela” (sobre Díaz Castro). Para o resto: música, xogos, paseo pola beira do Miño...
18:45: Actuación musical de peche: Pepe Vaamonde Grupo.

* As directivas das asociacións (e quen quixer...) reuniranse ás 17h para intercambiar experiencias e articular fórmulas de colaboración.
** As asociacións poden levar os seus materiais para mostrar e/ou vender (disporán de mesa)

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2014-07-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES