Notas de prensa

O filme A Esmorga estréase no marco do 35º aniversario do pasamento de Blanco Amor

A película A Esmorga, dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, estrearase no marco das celebracións do aniversario do deceso do autor da obra, Eduardo Blanco Amor, sobre o que se prepara un programa de actividades para conmemorar o 35º aniversario do seu pasamento.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de apoiar os actos que se realizarán durante o ano 2014 para homenaxear a Eduardo Blanco Amor no 35 aniversario do seu falecemento. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Consellería de Cultura e Educación, xunto co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Manuel Santalices, e os presidentes da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e do Pen Club, Luís González Tosar, participou hoxe na rolda de prensa de presentación das diversas accións que se van desenvolver. Cómpre lembrar que o Parlamento de Galicia acaba de aprobar unha declaración na que insta á Xunta a promover e participar nos actos que se celebren co gallo da devandita conmemoración.

Programación

Neste contexto estrearase a película “A Esmorga”, dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, para a que a Consellería de Cultura e Educación, a través de AGADIC, fixo unha achega de 335.000 euros en concepto de axudas á produción ou coprodución audiovisual en lingua galega con marcado contido artístico e cultural.

Con motivo do aniversario do pasamento de Blanco Amor, está prevista tamén a edición, en colaboración do diario La Región, dunha compilación dos escritos do autor publicados no xornal. Tamén se traballa na recompilación da correspondencia que distintos persoeiros enviaron a Blanco Amor e que se atopa na Biblioteca Provincial de Ourense.

Pola súa banda, lectorados de galego de diversas universidades do mundo ocuparanse de traducir diversos textos do escritor. Farano no marco do proxecto da Consellería de Cultura e Educación ‘Letras Galegas no mundo’, que se abriu este ano coa tradución de Nimbos, obra do poeta homenaxeado este 17 de maio de 2014 Xosé María Díaz Castro.

Precisamente a Festa da Palabra na Ãnsua dos Poetas, que terá lugar o vindeiro 12 de xullo, estará dedicada ao autor ourensán. Incluirá un acto literario e a inauguración dunha instalación alusiva á obra do escritor, creada por Acisclo Manzano e Acisclo Novo, na que será a primeira obra conxunta destes dous escultores.

A Deputación tamén está a traballar na elaboración dunha exposición bibliográfica, en colaboración co coleccionista Carlos Laíño, e que contará cunha galería de retratos e caricaturas de Blanco Amor elaboradas polo debuxante Siro López.

Arredor da data na que se cumplen os 35 anos do aniversario, o 1 de decembro, o Pen Club, en colaboración coa Deputación de Ourense, a Real Academia Galega e os alumnos e profesores do IES que leva o nome do narrador, fará unha ofrenda floral diante da campa de Blanco Amor. Ademais, a RAG celebrará un Pleno Extraordinario dedicado ao narrador ourensán.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-06-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (costa-feira-2026.jpg) Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Foto de la tercera plana (abril-cultura-camino.jpeg) Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.

Notas

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.
O transporte marítimo enfróntase a un dos grandes desafíos da súa transición enerxética: decidir que combustibles alternativos empregar nun contexto no que aínda existe pouca experiencia operativa e escasean os datos sobre o seu comportamento real. Metano, metanol, amoníaco ou hidróxeno aparecen como alternativas para reducir as emisións do sector, pero a súa implantación introduce novas incógnitas relacionadas coa seguridade, o almacenamento e a operación dos buques.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES