
2naFronteira presenta en concerto no CGAC Zapatiños para Díaz Castro, o novo disco do grupo dedicado ao poeta lucense
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será o escenario da presentación en Santiago de Compostela do novo disco do grupo 2naFronteira, Zapatiños para Díaz Castro. Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano) farán un percorrido polos temas do seu novo traballo discográfico, baseado no poemario Nimbos, do poeta lucense Xosé María Díaz Castro.
Na actuación, o venres, 13 de xuño, ás 19:30 horas, os dous artistas convidarán o público a realizar unha viaxe musical polos versos do escritor ao que a Real Academia Galega lle dedica en 2014 as Letras Galegas. O próximo concerto do grupo será o vindeiro 27 de xuño, ás mesma hora, no Museo de Belas Artes da Coruña da Consellería de Cultura e Educación.
'Nimbos, Noite do mundo, Alalá do verme e a estrela, Esmeralda, No novo ceo, Penélope e Coma un río son algunhas das pezas que conforman o último traballo discográfico desta formación musical, que lle rende unha homenaxe musical ao poeta e tradutor de Guitiriz.
Fotografía: http://www.2nafronteira.com/
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.