
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no Teatro Rosalía Castro da Coruña na gala de inauguración da (S8) Mostra de Cinema Periférico, que desenvolve ata o domingo 8 de xuño unha ampla programación audiovisual en distintos espazos da cidade e que centra a súa actual quinta edición no cinema xaponés. En representación da Consellería como unha das principais entidades patrocinadoras deste evento, asistiu ao acto o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.
A sesión de apertura da (S8), que estivo dedicada á figura do katsuben ou benshi, decisiva na formación do cine nipón e exemplo da súa grande variedade de artes narrativas, constituíu ademais a primeira das actividades deste certame incluídas no Ano Dual España-Xapón. O narrador Raiko Sakamoto e o músico Joichi Yuasa ao shamisen (instrumento de corda xaponés) interpretaron a banda sonora de Jirokichi the Rat, única película muda integramente conservada do lendario director Daisuke Ito.
A Mostra de Cinema Periférico, que ademais de proxeccións ofrecerá instalacións, exposicións, performances, obradoiros infantís e encontros cos cineastas convidados, cofinánciase cunha achega de 17.360 euros adxudicados por Cultura e Educación a través da primeira convocatoria pública de subvencións a festivais audiovisuais da Agadic. Estas axudas naceron co obxectivo de optimizar os recursos públicos para os festivais galegos de cinema, considerados de carácter estratéxico para o sector cultural, e favorecer así a súa crecente dinamización.
Das orixes á actualidade
A presente edición da (S8) dirixe unha ampla mirada á cinematografía nipona, considerada unha das producións máis importantes da historia do cine. A iniciativa forma parte das actividades desenvolvidas en todo o Estado dentro do Ano Dual España-Xapón, que conmemora os 400 anos de relacións bilaterais entre os dous países.
Así, nos vindeiros días, abordarase o pasado, o presente e o futuro da cultura audiovisual nipona a través do desenvolvemento dun programa de proxeccións que vai desde as súas orixes ata os nosos días, con fincapé nas vangardas, as novas expresións e as achegas dos últimos cineastas xaponeses, algúns deles presentes na Coruña durante a Mostra.
Sinais de Eloy Domínguez Serén
O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia), entidade dependente de Cultura e Educación, súmase ás outras catro sedes do evento (Fundación Novacaixagalicia, Fundación Luís Seoane, Teatro Rosalía Castro e Quiosco Alfonso) para acoller as series centradas na produción audiovisual galega Sinais en curto e Sinais, esta última sobre o realizador Eloy Domínguez Serén. Tamén se proxectarán no CGAI tres películas de mestres do cinema xaponés e se desenvolverá unha sesión dedicada ao emblemático Media City Film Festival de Canadá como festival convidado este ano pola (S8).
Outros contidos desta edición son a obra do mestre de cinema xaponés Takahiko limura, o programa A través do retrovisor sobre a vangarda cinematográfica no país oriental, deseñado polo cineasta Daïchi Saïto; o apartado dedicado os membros do Grupo+ (Takadhi Makino, Rei Hayama e Shinkan Tamaki) ou o traballo de Teruo Koike e os seus ecosistemas gravados en celuloide, filmados en proxectados en Súper 8.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.