
As Bases da Competición Oficial foron aprobadas a finais de marzo, polo que a estas alturas xa comezaron a chegar traballos ao Festival. A data de inscrición finaliza o días 1 de setembro. Neste momento, dispomos de cerca de medio centenar de traballos que xa se están visualizando para a súa selección final e chegan desde diferentes países como España, Servia, Bosnia, Turquía, Ucrania, Alemaña, Italia...
Concurso Ouff Escola
Outra das novidades é a recuperación do Concurso Ouff Escola, que o pasado ano non estivo presente no Festival de Cine, si ben se proxectaron algunhas películas de carácter infantil. As bases deste certame a foron aprobadas tamén no mes de marzo e contan coa colaboración da Xunta de Galicia. O concurso establece dúas categorías, a primeira para alumnos de infantil e primaria, e a segunda para outros niveis de ensino non universitario. As obras terán que ser inscritas antes do día 27 de xuño, e o xurado, que será o encargado de seleccionar aos gañadores, estará composto por cinco persoas. Neste momento dispoñemos dalgunha delas chegadas de Ourense, Pontevedra e A Coruña, e outras sabemos que están en proceso de produción.
Outros contidos
Tal e como ven sendo habitual, o Festival manterá as súas proxeccións integradas na Competición Oficial e nos Ciclos paralelos, que neste momento, se están a pechar. Se lle dedicará unha mención especial ás producións cinematográficas galegas destacando unha Xornada Especial con motivo da celebración do 25 aniversario das primeiras longametraxes galegas coa proxección de Sempre Xonxa, Urxa, Continental.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.