A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, vén de poñer en marcha a xincana “DÃaz Castro na voz da xente”, que chegará desde este mes e ata decembro aos sete concellos da Rede de Dinamización LingüÃstica (RDL) incluÃdos na itinerancia da mostra “Nimbos de luz”, coa que a Xunta de Galicia homenaxea a figura do autor guitiricense ao que se lle dedican as Letras Galegas 2014.
Segundo explicou GarcÃa Gómez, “esta xincana lingüÃstica é unha actividade complementaria da exposición, coa que a ConsellerÃa de Cultura e Educación quere achegarlle á rapazada a figura, a obra e a vida de DÃaz Castro dun xeito lúdico, interactivo e divertido, e facer partÃcipe á RDL da celebración das Letras Galegas no marco da súa programación anual de actividades”.
O secretario xeral visitou a mostra “Nimbos de luz” no Centro CÃvico de Cerceda e asistiu ás primeiras sesións da xincana, nas que participaron 160 escolares que cursan 1º e 2º da ESO no CEIP O Cruce. Acompañárono o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, e as concelleiras responsables das áreas de Cultura e Educación, Matilde Begoña RodrÃguez Rumbo e MarÃa Viqueira Iglesias, respectivamente.
GarcÃa Gómez participou tamén no acto de entrega de premios do Certame Escolar de RadioNovela, convocado polo concello coa colaboración da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, no marco do programa de dinamización lingüÃstica Primavera das Letras.
‘DÃaz Castro na voz da xenteÂ’ dentro da programación da RDL
A xincana lingüÃstica ‘DÃaz Castro na voz da xenteÂ’, xestionada por Xandobela, Xestión e Dinamización Sociocultural, chegará a sete concellos da RDL como complemento á mostra “Nimbos de luz”, que a Xunta de Galicia promove co gallo da celebración das Letras Galegas 2014. Nela participará alumnado de último ciclo de primaria e de secundaria das localidades de Cerceda, A Estrada, Redondela, VilagarcÃa de Arousa, A Rúa, Cee e Celanova de maio a decembro, coincidindo coas estadÃas da mostra “Nimbos de luz”.
No desenvolvemento da actividade, a rapazada terá que ir superando, por grupos e guiada por monitorado, un total de catro probas ou retos relacionados coa vida e coa figura do persoeiro homenaxeado, nas que se combinan a compoñente histórico-lingüÃstica coa dimensión lúdica e participativa: Penélope, DÃaz Castro docente e tradutor, Nimbos de luz e Obra espallada.
As seguintes sesións da xincana serán o 28 de maio na Estrada, o 16 de xuño en Redondela, o 15 de xullo en VilagarcÃa de Arousa, o 24 de outubro na Rúa, o 1 de decembro en Cee e o 18 de decembro en Celanova. Máis información en www.xunta.es/linguagalega/programacion_rede_de_dinamizacion_linguistica_2014.
‘Nimbos de luz’ percorre as catro provincias galegas
‘Nimbos de luzÂ’ é a exposición coa que a ConsellerÃa de Cultura e Educación conmemora as Letras Galegas 2014. Comisariada por Alfonso Blanco Torrado, por LuÃs González Tosar e por Armando Requeixo, permite unha importante aproximación á obra do poeta, tradutor e intelectual DÃaz Castro, por medio de 14 paneis temáticos que ofrecen, de xeito gratuÃto, folletos ilustrativos dos paneis e a proxección do documental ‘O instante eternoÂ’, de Xosé Antón Cascudo, que afondan na figura do poeta e tradutor Xosé MarÃa DÃaz Castro, para dar a coñecer entre a cidadanÃa a vida e a obra do escritor ao que a RAG lle dedica este ano o 17 de maio.
Logo do seu paso por Guitiriz, Vigo e Pontevedra, a mostra remata mañá a súa itinerancia no concello coruñés de Cerceda. No seu percorrido polas catro provincias galegas ao longo deste ano, chegará neste mes de maio á Biblioteca Ãnxel Casal de Santiago de Compostela (do 10 ao 26) e á nova Casa das Letras da Estrada (do 28 de maio ao 11 de xuño). Xa en xuño, poderase visitar no Multiúsos da Xunqueira de Redondela (do 13 ao 29); en xullo no Auditorio de VilagarcÃa de Arousa (do 1 ao 30); en agosto no Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo (do 1 ao 29); en setembro na Biblioteca Miguel González Garcés (do 2 ao 16) e na biblioteca nodal de Lugo (do 18 ao 30); e en outubro na Casa da Xuventude de Ourense (do 2 ao 16) e na Casa da Cultura da Rúa (do 18 ao 3 de novembro). A mostra rematará a súa andaina no derradeiro mes do ano no concello ourensán de Celanova (do 16 ao 30 de decembro), logo de facer parada no concello coruñés de Cee (do 1 ao 14 de decembro).
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.