O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolle a exposición sobre o 50º aniversario da instauración do Día das Letras Galegas, unha mostra que foi inaugurada esta tarde polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xesús Vázquez, e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
A mostra, titulada "51 páxinas das Letras Galegas", está conformada polas medallas das Letras Galegas, que son obra do debuxante, pintor e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía. A exposición complétase con paneis que exhiben as biografías e as principais obras dos autores, textos elaborados por académicos da RAG, na procura dun achegamento ao universo literario galego.
Manuel Baltar destacou no acto a importancia de salientar unha efemérides tan nosa como é o conmemorar o Día das Letras Galegas e os seus persoeiros e suxeriu a Antonio Saco y Arce, escritor e poeta ourensán, nado en Alongos (Toén) autor da primeira gramática científica galega, como un dos nomes a ter en conta en futuras conmemoracións do Día das Letras Galegas.
Xesús Alonso Montero recolleu a proposta de Manuel Baltar e afirmou que a decisión da elección do persoeiro elixido nas Letras Galegas correspóndelle os trinta membros da RAG, se ben, certo é que eu podería estar a falar dez horas seguidas da obra e da vida de tan insigne persoa como foi don Antonio Saco y Arce.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.