O Museo Provincial de Lugo acolleu a presentación dunha nova edición da revista oral O Pazo das Musas, concretamente o número 35, dedicada á figura do poeta Díaz Castro, co gallo do centenario do seu nacemento o pasado mes de febreiro, e que este ano a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas.
Para achegarnos a unha figura tan senlleira da nosa cultura este número da revista contou coas intervencións do profesor Armando Requeixo, que falou da vida e da obra; Alfonso Blanco Torrado que trouxo á memoria á súa amizade; X. Antón Cascudo, desde o mundo do audiovisual deu a coñecer dos segredos do seu documental O instante eterno, editado coa colaboración da área de Cultura da Deputación; varios alumnos e alumnas do IES Díaz Castro de Guitiriz que recitaron os versos máis coñecidos do poeta, así como o delegado de Cultura da Deputación, que foi o encargado de pechar o acto.
Durante a súa intervención, Mario Outeiro explicou que dende a área de Cultura da Deputación de Lugo celebramos con especial contento que se dediquen as Letras Galegas a un poeta como Xosé María Díaz Castro, que foi sempre un galego orgulloso da súa terra e da súa lingua.
Un poeta continuou o delegado - con necesidade dun merecido recoñecemento que coa súa vida e obra deixou pegada noutros nomes senlleiros da nosa lingua e cultura: Novoneyra, Manuel María, Xesús Rábade, Cesáreo Sánchez Igrexas ou Darío Xohan Cabana son só algúns dos nomes cos que Díaz Castro compartiu tempo e amor pola lingua e cultura galegas
Faise xustiza con Díaz Castro nestas Letras Galegas 2014 e poñendo a vista no futuro pedimos que as vindeiras celebracións desta efeméride vaian para Manuel María e, o xa por tantos anos esquecidos polos académicos e académicas, Carbalho Calero. Faríase xustiza tamén con eles e, nestes tempos de desfeita lingüística e cultural da nosa nación, contribuiríase a valorar a quen dedicaron a súa vida á defensa de Galiza e co seu prolífico e importantísimo quefacer a prol da nosa lingua e cultura contribuíron ao necesario rexurdir da nosa nación concluíu Outeiro.
No apartado musical a revista contou coa actuación de 2naFronteira, dúo composto por Carmen Pením e Maurizio Polsinelli. A súa intervención foi moi oportuna pois coincide cos días previos á publicación do seu disco "Zapatiños para Díaz Castro" no que musican gran parte dos poemas de Nimbos, obra cume de Xosé Mª Díaz Castro. Un total de 15 cancións para voz, piano e harmonio, entre as que están temas que interpretarán nesta revista oral como Penélope, Noite do mundo, Coma unha espada, Ai capitán...
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.