Notas de prensa

Dúos de ópera e romanzas de zarzuela no Ciclo de Novos Intérpretes da USC

Tres novos cantantes protagonizan o 8º concerto do Ciclo de Novos Intérpretes, o martes 25 de marzo no Paraninfo da Universidade. Os protagonistas son a soprano Rosalía Cid Tarrío, o tenor Javier Alejandro Ossandon e a mezzosoprano Elisabet Filgueira, da Asociación Lírica Encantados.

Dous deles, Rosalía Cid e Javier Alejandro Ossandon, son alumnos de Diana Somkhieva no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, mentes que Elisabet Filgueira é licenciada superior de canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Os tres pertencen á Asociación Lírica Encantados.

No seu concerto no Paraninfo da Universidade, e baixo a dirección artística de Diana Somkhieva, os tres cantantes prepararon un variado e interesante programa que inclúe arias e dúos de ópera (O barbeiro de Sevilla de Paisiello, As vodas de Fígaro de Mozart, Sansón e Dalila de Saint-Saëns, Rodelinda de Haendel e Carmen de Bizet), romanzas de zarzuela (Moreno Torroba e Chapí) e cancións de Tosti, Bellini, Montsalvatge e Mozart). Os cantantes estarán acompañados ao piano pola profesora do Conservatorio Profesional de Santiago, Vera Pavlova.

Coa colaboración da Universidade de Santiago, este certame alcanza a súa edición número dezaseis o que o converte no certame galego máis antigo en activo especialmente dedicado aos/ás máis novos/as intérpretes galegos e residentes en Galicia para que comecen a adquirir a experiencia necesaria nun escenario. Quince anos de historia e case cincocentos participantes avalan a sólida traxectoria dunha convocatoria pensada en prol da difusión da música e para prestar un pequeno pero imprescindible apoio ao futuro da música en Galicia, aos novos valores. O programa do ciclo consta de nove concertos que se celebrarán ata o mes de marzo, co concurso de máis de trinta novos músicos residentes en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2014-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES