
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartiu co equipo artístico e técnico da montaxe do Centro Dramático Galego (CDG) Longa viaxe cara á noite unha sesión da recta final dos ensaios previos á estrea, que se están a desenvolver no Salón Teatro de Santiago.
Esta versión da coñecida obra do premio Nobel estadounidense Eugene ONeill presentarase diante do público, baixo a dirección escénica de Manuel Guede Oliva, o sábado 22 de marzo e permanecerá na carteleira do Salón Teatro ata o 6 de abril. Durante ese período ofreceranse sete funcións para público xeral (de venres a domingo) e catro matinais concertadas con institutos de bacharelato (mércores e xoves). A montaxe iniciará a continuación unha xira que a levará por outros dez escenarios galegos e portugueses.
Acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, Vázquez Abad puido comprobar as claves da posta en escena da nova proposta do CDG e presenciou tamén o pase do primeiro acto da montaxe que interpretan, sobre o escenario ideado por Rodrigo Roel, Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Viéitez e Alberto Rolán. Os catro dan vida á familia Tyrone, transposición dramática da propia familia ONeill neste texto autobiográfico polo que o dramaturgo norteamericano foi recoñecido postumamente co seu cuarto premio Pulitzer. De feito, moitos dos especialistas na obra de Eugene ONeill consideran Long Days Journey into Night como un dos cumios creativos do autor, quen se sitúa á súa vez entre os grandes nomes do teatro norteamericano e universal.
Longa viaxe cara á noite é a produción central da temporada do Centro Dramático Galego no ano que a compañía pública conmemora, ademais, o trixésimo aniversario desde a súa fundación en 1984.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.