Notas de prensa

11 espectáculos, finalistas dos XVIII Premios María Casares de Teatro

''Eurozone", con doce candidaturas; "O home almofada", con seis; e "As do peixe" e "Bye, ByeHoney", con cinco, son as montaxes con maior número de nomeamentos nos galardóns María Casares de Teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos finalistas aos XVIII Premios María Casares, a gran festa da escena do país que se celebrará o próximo 27 de marzo, coincidindo co Día Mundial do Teatro, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os finalistas déronse a coñecer nunha rolda de prensa que se celebrou esta mañá na sede doConsello da Cultura Galega e na que participaron Avelino González, en calidade de presidente da AAAG; Vicky Pérez, vicepresidenta, GuillermoCarbajo,secretario da AAAG e Vicente de Souza, vogal da asociación.

En total, 11 espectáculos conseguiron finalmente algún nomeamento nas trece categorías coas que contan os galardóns. Durante o prazo de inscrición aos María Casares, 26 montaxes e 240 profesionais presentaron as súas candidaturas aos trece apartados dos premios: mellor maquillaxe, mellor vestiario,mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.

Eurozone, de Chévere, convértese na produción con maior número de finalistas, ao obter un total de 12 nomeamentos, incluíndo ao mellor espectáculo e á dirección. O home almofada, de ilMaquinario Teatro, aspira a 6 galardóns, entre eles o de dirección e mais o de espectáculo. Bye, ByeHoney, de Obras Públicas e Abrapalabra, e As do peixe, de Abrapalabra, aspiran ao premio en 5 categorías. Estas dúas obras tamén optan ao mellor espectáculo.

Waltz, de Voadora, sitúase como finalista en 4 apartados, mentres que A charca inútil, de Teatro do Atlántico, competirá por 3 María Casares. Os espectáculos C'est la vie, de Matrioshka Teatro; BailadElas, de Teatro Antroido; Criaturas, de Teatro do Aquí; As mil vidas de Matías Housamen, de Teatro de Adro, e Gaivotas subterráneas, de RTA-VozAudiovisual-Talía Teatro, aspiran a 1 galardón.

Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías:

1. EUROZONE: Mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria por partida tripla (ArantzaVillar, Mónica García, Patricia de Lorenzo), mellor actor secundario por partida dupla (Manuel Cortés e Iván Marcos), mellor dirección e mellor espectáculo.

2.O home almofada: mellor iluminación, mellor adaptación-tradución, mellor escenografía, mellor actor protagonista, mellor dirección emellor espectáculo.

3.As do peixe:mellor vestiario, mellor texto orixinal, mellor actriz protagonista, dirección e espectáculo.

4.ByeByehoney: Mellor música orixinal, mellor texto orixinal, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista e mellor espectáculo

5.Waltz: Mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor música orixinal e mellor escenografía.

6.A charca inútil: Mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor adaptación-tradución

7.Criaturas: Mellor actriz protagonista

8.CÂ’est la vie: mellor maquillaxe.

9.BailadELAS: mellor adaptación-tradución.

10.Gaivotas Subterráneas: Mellor actor protagonista

11.As mil vidas de Matías Houseman: Mellor actor protagonista.

Avelino González puxo en valor o traballo da Asociación de Actores e Actrices de Galicia no eido dodesenvolvemento do sector e do afianzamento dos dereitos profesionais e destacou a importancia dos premios María Casares, que chega este ano asúa 18ª edición. Pola súa banda, GuillermoCarbajo explicou que, malia as circunstancias que vivetodo o sector cultural, os profesionais e as compañías seguen a traballar para ofrecerlle ao público un teatro propio e de calidade. Finalmente, Vicente de Souza e Vicky Pérez deron a coñecer as once montaxes nomeadas e os finalistas en cada categoría.

A cerimonia dos XVIII Premio María Casares celebrarase na noite do 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os galardóns do teatro galego, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), contan coa colaboración, entre outras institucións,a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello da Coruña, o Padroado de Cultura doConcello de Narón, a Fundación AIGSE oua Fundación SGAE.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa na actualidade a 300 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia. A súa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público.

Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co obxectivo de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro existente neste eido.

Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do pano, ademais do Premio de Honra Marisa Soto, que recoñece a traxectoria profesional do galardoado/a. A Xunta Directiva da AAAG é a encargada de outorgar o citado galardón.

Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas queforan estreadas en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, asícomo todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.

O portal da Asociación é www.aaag.es

Alberto Ramos (Comunicación Premios María Casares), 2014-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (fiv-vilalba-2026.jpg) O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.

Notas

A Primavera Cultural da USC continúa agromando con múltiples propostas. Así, no Campus de Lugo, a danza, o teatro e a creación audiovisual protagonizan as citas máis inmediatas. Entre os días 19 e 23 de abril, regresa o Festival de Teatro Universidade a Lugo, na que será a súa trixésimo segunda edición. O certame de curtametraxes Findecurta mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 21 de abril. O día 24 realizarase a tradicional sesión informativa na Casa do Saber na que se lles explicará ás persoas participantes o reto desta edición do certame.
A Universidade de Vigo inaugurou a maior estación óptica terrea de España, consolidando así o seu liderado en comunicacións cuánticas vía satélite. Bautizada co nome de Antonia Ferrín, en homenaxe a quen foi a primeira astrónoma de Galicia, e situada na contorna da Facultade de Filoloxía e Tradución, 'o lugar máis idóneo de todo o campus para evitar turbulencias da canle atmosférica', o orzamento total para a posta en marcha desta nova infraestrutura situouse en torno aos 1,5 millóns de euros.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES