Notas de prensa

Caligrafía e pintura fúndese en arte na exposición de Baldo Ramos e Carlos González Villar, no Centro Cultural

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu a presentación do libro de artista e da exposición “Onde beben os cervos que amansou o calígrafo”, de Baldo Ramos e Carlos González Villar, unha experiencia artística na que os dous creadores funden en perfecta simbiose a caligrafía e os gravados.

O acto contou coa presenza dos artistas; do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González, e do asesor cultural da Deputación de Ourense, César Fernández, acompañados polo coordinador cultural de Celanova, Antonio Piñeiro.

Baldo Ramos dixo que este proxecto editorial e expositivo tivo a súa orixe hai uns vinte anos “cando descubrín a obra de Carlos González Villar, e foi collendo corpo a partires de 2006, ano en que nos coñecimos, para chegar ata hoxe, cando confluír este traballo en paralelo”. Pola súa banda, Carlos González Villar afirma que esta mostra serve para amosar “a afinidade que temos os dous artistas, onde os poemas de Baldo adquiren cos meus gravados unha nova dimensión e viceversa”.

O suxestivo título da exposición: “Onde beben os cervos que amansou o calígrafo”, refírese, en palabras dos artistas, “á representación do mundo rural ourensán, xa perdido, onde aparecían os cervos, que baixan a beber da auga do arte nesta exposición a través da caligrafía”.

Ademais do libro de artista, a mostra está composta por máis de medio cento de obras pictóricas e gravados de Ramos e González Villar, así como o catálogo. A Exposición inaugúrase hoxe a tarde, ás 20.15 horas, e conta coa colaboración do Concello de Celanova e do Padroado Curros Enríquez. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 27 de abril.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2014-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES