Notas de prensa

Preséntase a primeira tese de doutoramento na USC sobre Xosé María Díaz Castro

Armando Requeixo presenta a tese doutoral A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica, dirixida por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer. Trátase do primeiro estudo destas características na USC sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014.

O venres 28 de febreiro, ás once da mañá, dá comezo no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a lectura pública da tese de doutoramento presentada por Armando Requeixo Cuba baixo o título ?A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: Estudo e edición crítica?, dirixida polos profesores doutores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, así mesmo estudosos do citado poeta, de quen foron amigos.

Trátase da primeira tese doutoral sobre o poeta Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas e se celebra o seu centenario. A investigación consta dun amplo estudo biográfico e literario actualizado sobre o autor, así como da rigorosa edición crítica de toda a súa poesía en galego, moita da cal permanecía inédita e que se dá a coñecer agora por primeira vez.

O tribunal está presidido por Xesús Alonso Montero, actual presidente da Real Academia Galega, e conformado tamén polos profesores doutores Arcadio López-Casanova, da Universidade de Valencia; Aurora López, da Universidade de Granada; Xosé María Dobarro, da Universidade da Coruña, e Xosé Manuel Salgado, da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará como secretario.

Claudio Rodríguez Fer, 2014-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES