Notas de prensa

Guitiriz, capital de las Letras Galegas 2014 adicadas ao poeta Díaz Castro

Edicións conmemorativas, exposicións, estudos críticos, traducións, documentais, actividades de dinamización lingüística e de promoción e difusión da obra diazcastriana, articulan o groso do programa de máis de 100 actividades que achegarán o quefacer literario de Díaz Castro a toda Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Cidade da Cultura de Galicia a programación promovida pola Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2014, dedicadas ao poeta e tradutor lucense Xosé María Díaz Castro. Un autor que, en palabras de Vázquez Abad, “legounos un corpus poético elaborado con paciencia, aquilatado polo tempo, admirado polos autores coetáneos e que agora cómpre difundir o máximo posible.” Con motivo desta celebración organizaranse máis de 100 actividades coas que se pretende achegar o quefacer literario do escritor lucense á meirande parte da cidadanía.

Ampliando o anterior, o titular de Cultura destacou que un dos obxectivos da programación presentada hoxe é acadar que “a festa da literatura e a lingua galegas chegue o máis lonxe posible”, coa intención de outorgarlle “un carácter transversal, que implique ao conxunto da sociedade galega, favorecendo a realización de iniciativas desde diferentes ámbitos, dentro e fóra do noso territorio.”

A programación inclúe distintas edicións conmemorativas, estudos críticos, traducións e versións bilingües ao éuscaro, inglés e ruso, a exposición itinerante ‘Nimbos de luz’, documentais, webs monográficas, así como actividades de dinamización lingüística nos centros educativos e de promoción e difusión da obra diazcastriana nas bibliotecas de Galicia.

Ademais do conselleiro de Cultura e Educación, participaron na rolda de prensa o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o alcalde de Guitiriz, Xosé María Teixido Núñez; o presidente do Centro Pen de Galicia, Luís González Tosar; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros; o presidente da Asociación Xermolos, Alfonso Blanco Torrado; o director de produción da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo. Igualmente, estiveron presentes Anxo Lorenzo e Valentín García, secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, de maneira respectiva.

Audiovisual e novas edicións

No eido audiovisual, a consellería, en colaboración coa CRTVG, promoverá a difusión da obra de Díaz Castro a través da emisión de novos documentais, a programación de microespazos animados con poemas do autor lugués durante todo o mes de maio e a creación dun web monográfico do autor homenaxeado.

No mesmo sentido, no Centro Galego de Artes da Imaxe proxectarase o documental de Xosé Antón Cascudo, ‘O instante eterno’, sobre a vida e a obra de Díaz Castro, así como unha selección de videopoemas de autor, creados a partir de textos do propio Díaz Castro.

Para pechar o capítulo correspondente ao audiovisual, o documental ‘Nimbos de poesía’, de Ophiusa Produtora de Vídeos, biografía audiovisual de Xosé María Díaz Castro, porase á disposición da comunidade educativa no web www.xunta.es/linguagalega.

Por outra banda, no referente á edición conmemorativa realizaranse sete publicacións que enriqueceran o corpus bibliográfico diazcastriano. Trátanse dun libro DVD, en colaboración coa Editorial Galaxia, que ofrece un exhaustivo percorrido pola vida de Díaz Castro e que se distribuirá na Rede de Bibliotecas de Galicia; dun volume monográfico dos Cadernos Ramón Piñeiro titulado Nimbos: cáliz fervendo!; dunha edición institucional conmemorativa da figura de Díaz Castro; da reedición, neste caso en formato de banda deseñada, de Versos guitiricenses. Xosé María Díaz Castro, da Asociación Xermolos; e de dúas traducións ao inglés e o ruso e dunha edición bilingüe ao éuscaro, de Nimbos. Ademais, levaranse a cabo distintas accións de promoción cultural no ámbito cotián como a impresión de marcapáxinas e calendarios.

Díaz Castro en centros educativos e bibliotecas

No referente aos centros educativos, a consellería convoca o “Concurso-Exposición Letras Galegas 2014”, dirixido ao alumnado tanto de primaria como de secundaria. “Os proxectos gañadores deste concurso –explicou Vázquez Abad– editaranse e distribuiranse en preto de 2.000 puntos de Galicia e do exterior, levándose a centros de ensino, centros de estudos galegos e lectorados, centros da emigración, bibliotecas públicas, servizos lingüísticos e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.”

Doutra banda, os equipos de dinamización da lingua galega, realizarán diversas actividades centradas na vida, na obra e na etapa sociolingüística na que viviu o autor homenaxeado. “Por suposto –afirmou Vázquez Abad–, as iniciativas dos equipos iranse poñendo á disposición da comunidade educativa no web www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas”

à parte do obxectivo principal da promoción preténdese fornecer á comunidade educativa de materiais complementarios ás aulas de lingua galega e literatura.

No caso das bibliotecas, o conselleiro lembrou o papel destes centros como “dínamos de cultura e educación, e dotacións básicas para o desenvolvemento e o lecer.” Neste sentido, o conselleiro explicou que estes centros “promoverán máis de trinta actividades distintas entre exposicións, charlas, talleres, certames, obradoiros, contacontos e recitais, para nenos e maiores durante o vindeiro mes de maio”.

As bibliotecas incluídas son a Miguel González Garcés de A Coruña, as nodais de Lugo e Ourense, a Antonio Odriozola de Pontevedra, a Ãnxel Casal de Santiago, a Juan Compañel de Vigo, así como a devandita Biblioteca de Galicia.

As Letras Galegas no exterior

O conselleiro expuxo ás actividades de promoción e difusión da figura de Díaz Castro no exterior, facendo especial fincapé na ampla actividade arredor das Letras Galegas que se está a desenvolver na Galicia exterior, grazas á colaboración e o esforzo das galegas e galegos que, noutras comunidades autónomas ou países, difunden e legan a cultura e a lingua propia.

Concretamente, referiuse Vázquez Abad ao amplo abano actividades de “estudo e difusión da obra diazcastriana” na rede de centros de estudos galegos, que abrangue 38 universidades de todo o mundo; ao acto conmemorativo na localidade vasca na que residiu Díaz Castro, Urretchu; ás distintas traducións e edicións bilingües de Nimbos ao éuscaro, inglés e ruso; e á difusión de materiais como calendarios conmemorativos das Letras Galegas polos distintos centros galegos do resto do Estado.

Vázquez Abad concluíu afirmando que “en Díaz Castro a palabra xorde como custodia de significados que arrequecen a alma das galegas e galegos, como construtora da nosa realidade. Os seus versos, os seus poemas, son nimbos que caracterizan e elevan ao propio autor. Cada texto é unha luminosa peza redonda feita coas palabras axeitadas, nin máis nin menos. Na súa obra lírica a palabra poética é unívoca, transcendente e imprescindible.”

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-02-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES