A Biblioteca Nodal de Lugo, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, propón unha celebración especial do día de San Valentín entre os nenos e a mocidade afeccionada á literatura.
O centro invitará aos nenos e nenas amantes da lectura a atreverse cunha cita a cegas cos libros, escollendo entre un dos preto de 100 exemplares que ofrecerá envoltos, ocultando tanto o título como o autor, deixándose persuadir polas escasas pistas que apuntan información sobre o seu contido.
Con esta actividade de animación á lectura, a Biblioteca pretende sorprender aos cativos e mozos e ampliar os seus gustos literarios, ao darlles a posibilidade de descubrir novas temáticas ou estilos narrativos nos que doutro xeito quizá non repararían.
Os libros poden levarse en préstamo durante toda a xornada e estarán a disposición dos usuarios na sala infantil do centro, no punto no que habitualmente están expostas as novidades.
Son títulos de distintos escritores e ilustradores e abarcan dende obras para pre-lectores ata literatura xuvenil. Haberá moitos álbums ilustrados así como novelas e libros de poesía. Polo xeral, as pistas que guiarán a elección do libro misterioso serán unha ou dúas frases relativas ao protagonista ou á historia que se conta.
La actividad consiste en ofrecer en préstamo una selección de libros envueltos de forma que es imposible averiguar el título o el autor, en el envoltorio ofrecemos una pista que te puede ayudar a escoger uno de estos libros misteriosos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.