
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou na Coruña a estrea do ballet clásico ‘A bela adormecidaÂ’ que, producido polo Centro Coreográfico Galego (CCG) en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), terá lugar os dÃas 21 e 22 de febreiro no Pazo da Ópera.
Con esta versión en dous actos da célebre creación de Tchaikovski e Petipa, baixo a dirección escénica e adaptación coreográfica de Mercedes Suárez e co mestre Jonathan Webb á batuta da Sinfónica, arrinca o plan de actividade da unidade coreográfica da Xunta de Galicia para este ano, durante o que tamén levará a escena o espectáculo de danza contemporánea ‘Full HouseÂ’, da man do coreógrafo sueco Johan Inger, e abrirá unha convocatoria pública cara á coprodución doutra montaxe cunha compañÃa galega.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández; o xerente do Consorcio para a Promoción da Música, Andrés Lacasa Nikiforov, a directora do Centro Coreográfico Galego, Mercedes Suárez, e o director de orquestra Johathan Webb compartiron a presentación das funcións de estrea desta primeira produción de 2014, para a que a compañÃa pública volve contar coa música en directo da OSG e coa participación en escena dos alumnos dun total de 10 conservatorios e escolas de danza de toda Galicia.
Exhibición, formación e creación de públicos
Como explicou Jacobo Sutil na súa intervención, ‘A bela adormecida’ sigue a mesma fórmula de colaboración didáctica emprendida polo CCG co ‘Quebranoces’, o seu anterior espectáculo, no sentido de “xuntar dun xeito moi especial a exhibición, a formación e a procura de novos espectadores para a danza”.
Con este mesmo obxectivo e de xeito previo ás dúas funcións do venres 21 (20.00 h) e o sábado 22 (18.00 h), nas que se representará o espectáculo completo para o público xeral, desde hoxe e ata este venres dÃa 14 desenvolveranse un total de seis sesións matinais para escolares, ás 10.30 e ás 12.00 horas, nun formato especial didáctico que ten como narrador o actor coruñés Daniel Currás, coñecido do gran público polos seus papeis nas series ‘MatalobosÂ’, ‘El secreto de puente viejoÂ’ ou ‘PiratasÂ’, entre outras. Inseridos no programa didáctico da Sinfónica, estes pases congregarán máis de 85.000 alumnos de 71 centros escolares, 38 deles da cidade da Coruña e 33 de fóra do municipio.
O elenco de 12 bailarÃns profesionais do Centro Coreográfico Galego –Ãstrid Molinero, Juan M. Hernández, Paula Montoya, Ailen Ramos, Carmen Aparicio, Ana Serantes, Carlos Huerta, Jesús Benzal, Miguel A. Ponte, Rubén Ventoso, Raquel Santacruz e José LuÃs Cibreiro– interpreta os papeis principais deste ballet, compartindo escenario con alumnos de diferentes idades que cursan estudos de danza nos conservatorios profesionais de Lugo e da Deputación da Coruña, asà como nas escolas Danzade, DruÃda e Carmen da Coruña, Náyade de Ames, Cinderella de Arteixo, Danzarte de Betanzos e nas municipais de Oleiros e Ponteceso.
Na ficha artÃstica desta nova proposta clásica, MarÃa Villas repite como deseñadora do vestiario e da escenografÃa, que –como é habitual nas producións da compañÃa pública– foron realizados polos equipos de xastrerÃa e de talleres da Agadic.
Versión en dous actos
Na versión do CCG, ‘A bela adormecidaÂ’ concentra en dous actos un dos ballets máis aclamados do repertorio clásico internacional, estreado por vez primeira en 1890 con coreografÃa de Petipa, libreto de Vsevolojski e música de Tchaikovski. A primeira parte desta adaptación céntrase na historia da princesa Aurora escrita polo francés Charles Perrault, mentres que a segunda parte corresponde ao terceiro acto do orixinal e recrea outros contos do mesmo autor, como ‘O gato con botasÂ’, ‘Carapuchiña vermellaÂ’ ou ‘O paxaro azulÂ’.
A venda anticipada de entradas para as funcións do 21 e do 22 de febreiro na Coruña xa está operativa a través da web entradas.novagaliciabanco.es como parte do programa ‘Concertos en familiaÂ’ da Sinfónica. Tamén se poden adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres –agás festivos– de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 horas, mentres que na billeteira do Pazo da Ópera estarán dispoñibles o mesmo dÃa das representacións de 11.00 a 14.00 horas e a partir das 17.00 horas. O prezo da entrada xeral é de 5 euros e de 2 euros para menores de 18 anos.
Trala súa estadÃa na Coruña, 'A bela adormecida' poderá verse proximamente en Cangas dos Morrazo (Auditoro Municipal, 29 de marzo) e Lugo (Auditorio Municipal Gustavo Freire, 30 de abril).
Danza contemporánea
Durante a presentación do novo plan de produción, o director da Agadic maila directora do Centro Coreográfico Galego avanzaron outras das principais propostas que a compañÃa pública asumirá ao longo do ano, durante o que tamén manterá o seu programa formativo para profesionais e estudantes, asà como as diferentes liñas de colaboración con centros de ensino e outros colectivos. AsÃ, e despois deste achegamento ao ballet clásico para todos os públicos, iniciaranse os ensaios para a estrea o 3 de abril dun novo espectáculo de danza contemporánea: 'Full House', creado e dirixido para o CCG por Johan Inger, antigo integrante da Neederlans Dans Theater, unha das compañÃas máis innovadoras do panorama internacional, e coñecido en España polas súas coreografÃas para a CompañÃa Nacional de Danza.
Ademais, Jacobo Sutil anunciou que en breve prazo a Axencia Galega das Industrias Culturais publicará unha convocatoria aberta a todas as compañÃas privadas de Galicia para abordar, xa en outono e en réxime de coprodución co Centro Coreográfico, unha nova montaxe a través da que se buscará afondar no diálogo artÃstico coa danza tradicional galega.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.