
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o xoves dÃa 13 de febreiro no Salón Teatro de Santiago a compañÃa portuguesa A Escola da Noite co seu espectáculo ‘Novas diretrizes em tempos de pazÂ’. Con esta función do grupo de Coimbra, que terá lugar ás 20.30 horas, dá comezo a segunda quenda de programación da edición inaugural do circuÃto Troco x Troco para o intercambio teatral entre Portugal e Galicia.
Cultura e Educación promove, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e en colaboración coa asociación portuguesa Cena Lusófona, este primeiro programa teatral compartido entre oito escenarios galegos e portugueses coa participación doutras tantas compañÃas de ambos os paÃses. Tras unha primeira entrega entre os pasados meses de outubro e novembro, as novas citas da súa carteleira inclúen tamén as actuacións da Escola da Noite o venres 14 no Teatro Municipal de Tui, o sábado 15 no Pazo da Cultura de Narón e o domingo 16 no Teatro Principal de Ourense. Ademais, Troco x Troco traerá o Centro Dramático de Évora (Cendrev) a Galicia en maio para representar ‘Autos da RevoluçãoÂ’, de Lobo Antunes.
Obra premiada
António Augusto Barros, director da Escola da Noite e presidente da Cena Lusófona, é asà mesmo o responsable da posta en escena de ‘Novas diretrizes em tempos de pazÂ’ a partir da obra do dramaturgo brasileiro Bosco Brasil, considerada un dos fitos da dramaturxia contemporánea do paÃs suramericano. O texto, distinguido en 2002 cos premios Shell e APCA (Associação Paulista de CrÃticos de Arte), ten sido amplamente representado no seu paÃs, onde tamén foi levado ao cine da man do director Daniel Filho na pelÃcula ‘Tempos de pazÂ’.
Os actores Igor Lebreaud e Jorge Loureiro interpretan unha historia que transcorre no porto de RÃo de Janeiro o 18 de abril de 1945, cando a II Guerra Mundial está próxima ao seu fin. Dan vida a Clausewitz, un emigrante polaco que acaba de desembarcar tras cruzar o Atlántico, e a Segismundo, o axente da aduana que, desconfiando das intencións do estranxeiro, lle propón un desafÃo. Este reto levará os dous personaxes a confrontar as súas memorias: dunha banda, un actor que perdeu familiares e amigos e doutra, un ex-torturador que sempre cumpriu ordes superiores.
Encontro previo na Escola Oficial de Idiomas
Con motivo da representación de ‘Novas diretrizes em tempos de pazÂ’ e afondado na liña de colaboración que manteñen o Centro Dramático Galego e a Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, António Augusto Barros protagonizará mañá mércores, a partir das 18.30 horas, un encontro cos alumnos dos diferentes niveis de Portugués que se imparten neste centro. O director da EOI, Gonzalo Constenla, será o encargado de presentar o convidado, quen achegará aos estudantes a obra de Bosco Brasil e as claves da versión realizada pola Escola da Noite, ao tempo que debullará os principais trazos da actualidade teatral do seu paÃs.
As entradas para a función de ‘Novas diretrizes en tempos de paz’ no Salón Teatro están xa á venda a través da web entradas.novagaliciabanco.es e da billeteira do Teatro Principal, aberta ao público de 18.00 a 21.00 horas. Poderán adquirise, ademais, no despacho de billetes do Salón Teatro o mesmo xoves desde as 18.30 horas. O seu prezo é de 10 euros, con descontos do 40% para estudantes, xubilados, desempregados, usuarios do carné xoven e determinados colectivos profesionais.
Este espectáculo forma parte, asà mesmo, da oferta do Bono de Teatro Galego e Portugués, promovido conxuntamente pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Concello de Santiago. O prezo deste bono, que pode mercarse nos devanditos despachos de billetes, é de 35 euros para un total de 5 funcións.
Nesta programación bonificada inclúese tamén a montaxe ‘Gita allÂ’InfernoÂ’ da compañÃa italiana Akròma Teatro Stabile dÂ’Innovazione que, procedente de Sardeña, actuará no Salón Teatro este sábado dÃa 15, ás 20.30 horas.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañÃas Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxÃas e incorporará sistemas hÃbridos de almacenamento con baterÃas e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.