Notas de prensa

Convocado o XI Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil

Convocado pola Deputación Provincial de Ourense, está dotado con 1.500 euros e o prazo de presentación dos traballos remata o 30 de marzo de 2014.

A Deputación de Ourense convoca o “XI Premio Pura e Dora Vázquez” na modalidade de ilustración, dotado con 1.500 euros, co obxectivo de recoñecer a calidade artística de traballos creados para nenos e xóvenes, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez. Os participantes deberán presentar os traballos tomando como base o texto gañador na modalidade de narración, fallado onte, que foi a obra O trasno de Bóveda e a chave máxica, do escritor ourensán Luis Antonio Pérez, texto que deberán solicitar no Negociado de Publicacións da Deputación de Ourense, ben persoalmente ou ben por correo electrónico ao enderezo: publicacions@depourense.es.

Os traballos de ilustración deberán remitirse ao devandito Negociado de Publicacións tendo en conta as seguintes bases:

Poderán concorrer ó premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten as súas ilustracións inéditas e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración deste XI Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración infantil e xuvenil.

As ilustracións deberán adaptarse ao tamaño do libro, que será o seguinte:

a. Ilustración de portada: 145 x 210 mm, tamaño visible da portada co libro pechado, sen sangue. 513,6 x 216 mm tamaño total incluíndo solapas, contraportada e sangue.
b. Ilustracións interiores: 296 x 216 mm dobre páxina con sangue.

A presentación dos orixinais poderá realizarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico de las administracións públicas e do procedemento administrativo común conforme ás seguintes normas:

Os concursantes remitirán as ilustracións nun sobre pechado indicando no exterior do paquete “PREMIO PURA E DORA VÃZQUEZ DE ILUSTRACIÓN”, á seguinte dirección: Deputación Provincial de Ourense - Rexistro Xeral
rúa do Progreso, 32. 32003 Ourense

As obras remitidas irán asinadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome, apelidos e pseudónimo do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

O prazo de admisión de orixinais remata o 30 de marzo de 2014.

O xurado estará composto polos seguintes membros: o presidente da Deputación de Ourense (ou persoa, para o efecto, en quen delegue) e catro vocais escollidos dos distintos ámbitos da Cultura de Galicia. Actuará de secretaria a xefa da Sección de Arquivo e Publicacións da Deputación Provincial de Ourense ou funcionario en quen delegue (con voz e sen voto). Os vogais serán designados pola Comisión Informativa de Educación, Cultura e Deportes da Deputación Provincial a proposta dos grupos políticos da Corporación. O xurado emitirá o seu ditame antes do 30 de abril de 2014.

O premio poderá ser declarado deserto, no caso que o xurado así o considere, e a decisión deste será inapelable.

A Deputación de Ourense resérvase os dereitos da primeira edición da obra premiada nos idiomas galego e castelán, coa posibilidade de cederlles tales dereitos a terceiros. O beneficiario do premio, que se compromete a renunciar, expresamente, a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente vinte exemplares da obra premiada.

Os orixinais non premiados poderán retirarse nos dous meses seguintes ó veredicto. Rematado ese prazo os que non se retiren, serán destruídos.

A participación nesta convocatoria require a aceptación das normas contidas nas presentes bases.

A Deputación de Ourense publicará a obra premiada, tanto o texto como as ilustracións, e distribuirá gratuitamente os exemplares necesarios para os centros de lectura da provincia de Ourense (bibliotecas, centros de ensinanza, asociacións e entidades culturais).

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2014-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES