Notas de prensa

Os filmes italianos Romanzo di una strage'e e Il divo, no CGAC de Compostela

As sesións de cinema enmárcanse dentro do ciclo Cinema no CGAC’ unha actividade paralela e complementaria á mostra 93, coa que o museo conmemora o seu vixésimo aniversario. No ciclo de conversas debaterase sobre a produción artística na década dos 90.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proxecta no Centro Galego de Arte Contemporánea o xoves 30 de xaneiro ‘Romanzo di una strage’e o venres 31 o filme ‘Il Divo’. Estas proxeccións enmárcanse dentro do ciclo ‘Cinema no CGAC’, unha actividade paralela e complementaria á mostra ‘93’, coa que o museo conmemora o seu vixésimo aniversario.

‘Cinema no CGAC’ ofrece a posibilidade de asistir a unha película en lingua orixinal os xoves e outra os venres ás 20,30 horas, e a entrada será libre e gratuíta ata completar as localidades. O ciclo divídese en tres bloques temáticos, o primeiro deles, que estará ata o 20 de febreiro, é o Ciclo de Cine Italiano, ‘De Mussolini a Berlusconi: Como un xogo de máscaras’.

O segundo bloque temático, Ciclo de Cine sobre a figura do Transxénero, proxectarase durante todo o mes de marzo e arrancará co filme ‘Orlando’, de Sally Potter, película gañadora de Festival Cineuropa en 1993. O terceiro e último bloque, Ciclo de cine Británico, terá lugar nos meses de abril e maio e centrarase en filmes realizados na Inglaterra thatcheriana.

Romanzo di una strage

O 12 de decembro de 1969, explotan unha serie de bombas no centro de Roma e Milán. A atribución dos atentados a un grupo anarquista leva á detención, tortura e asasinato dun militante desa banda; pero a autoría real provén do grupo de extrema dereita Ordine Nuovo, que pretende crear unha inestabilidade que propicie o golpe de estado de Junio Valerio Borghese, coñecido como o Príncipe Negro.

Dirixido por Marco TullioGiordana en 2012, este drama conta coa interpretación de Valerio Mastandrea, Pierfrancesco Favino, Michela Cescon, Fabrizio Gifuni, Luigi Lo Cascio, Laura Chiatti, Giorgio Colangeli, Omero Antonutti, Thomas Trabacchi e Giorgio Tirabassi.
‘Il Divo’

É unha biografía composta á maneira dun quebracabezas, do personaxe más controvertido da vida política italiana da segunda metade do século XX, o democristián e sete veces presidente do goberno Giulio Andreotti. A partir do momento no cal Andreotti vai ser finalmente xulgado polas súas relacións coa mafia de Palermo e pola súa vinculación co asasinato do xornalista Mino Pecorelli, o filme vai revisando a súa ascensión política e a súa relación cos feitos más escuros deses anos.

O filme foi dirixido en 2008 por Paolo Sorrentino e conta coa participación dos actores Toni Servillo, Anna Bonaiuto, Piera Degli Esposti, Paolo Graziosi, Giulio Bosetti, Fanny Ardant, Flavio Bucci, Carlo Buccirosso, Giorgio Colangeli, Alberto Cracco, Lorenzo Gioielli, Gianfelice Imparato, Massimo Popolizio, Aldo Ralli, Giovanni Vettorazzo.
Conversas no CGAC

O Ciclo de conversas sobre a exposición 93 é outra das actividades que complementan á mostra‘93’coa que o CGAC celebra o seu vixésimo aniversario. O centro organiza unha serie de encontros cos artistas presentes na exposición. A través deles pretende ofrecer unha visión xeral da arte a comezos dos anos noventa e, particularmente, do contexto no que xurdiron as obras que a compoñen.

En cada sesión, dous artistas conversan co director do centro e comisario da exposición, Miguel von Hafe Pérez, sobre os seus respectivos procesos de creación arredor de 1993, ano en que foron concibidas as obras que forman parte da mostra.

Esta semana daranse cita no CGAC as artistas Chelo Matesanz e Nuria Canal para falar xunto co director do centro sobre o contexto social, cultural e artístico da década dos 90.

Nuria Canal (Burgos, 1965) 
é unha artista cuxo traballo versa a miúdo acerca das relacións persoais, a intimidade, e as súas representacións sociais e políticas.

Chelo Matesanz (Reinosa, 1964), profesora titular de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) conta cunha traxectoria artística- a miúdo en torno ao mundo feminino- na que revisa distintos momentos, categorías e xéneros da historia da arte.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES