Fallo do Certame de xornalismo de Begonte
1º Premio.- XOSÉ MANUEL CARBALLO FERREIRO
2º Premio.- FELIX VILLARES MOUTEIRA
Mencións de Honra:
PEPE POL e PABLO NÚÑEZ
En Lugo, reúnese o xurado calificador dos traballos presentados ao XXXVIII Certame de xornalismo BEGONTE E O NADAL, convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán formado por:
JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte
JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro cultural convocante
BLANCA PACÍN SOMOZA, bibliotecaria e
JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, secretario do Centro Cultural de Begonte.
Por unanimidade, acordan conceder os seguintes premios:
PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600 e estatuíña de Sargadelos, ao traballo titulado EL BELÉN DE BEGONTE ES UNA FARSA. FUERA DE ÉPOCA Y DE LUGAR, publicado en El Progreso (A Chaira) o 24.12.2013 e en OPINIÓN, de www.galiciadigital.com
Segundo premio, dotado con 300 e estatuíña de Sargadelos, a Felix Villares Mouteira polo seu traballo titulado O FARO DO MAR EN CALMA DA CHAIRA publicado en La Voz de Galicia-Dumio o 28-11-13 e en OPINIÓN, de www.galiciadigital.com.
Pola calidade dos traballos presentados, o xurado acorda conceder cadansúa MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuíña de Sargadelos a:
- PEPE POL, polos seus traballos publicados en www.galiciadigital.com e en O SIL.
- PABLO NÚÑEZ, por EXISTE UN LUGAR, publicado en www.galiciadigital.com, e en LA VOZ DE GALICIA-LUGO, o 3 de xaneiro de 2014.
Os premios serán entregados o sábado 25 de xaneiro no decurso dos actos de clausura do Belén Electrónico de Begonte.
Artigo gañador completo: http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.10302.php
Artigo íntegro do 2º premio: http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.10228.php
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.