O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou na presentación do programa de actividades planificadas no marco do convenio Lugo Cultural para este 2014, nun acto celebrado na Vicerreitoría do Campus de Lugo e no que tamén participaron, o vicerreitor do mesmo, Pedro García Herradón; e a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre.
A oferta de actividades previstas para 2014, que conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo, dará comezo o vindeiro martes, 21 de xaneiro, cun concerto de clarinete e piano da man de Joan Tormo e Antonio Ortiz, respectivamente, ás 20.00 horas na Casa do Saber, no marco do programa Músicas a carón da Mosqueira, ciclo de música de cámara que ofrecerá seis concertos no primeiro semestre do ano e no que previsiblemente tamén participará a orquestra de Cámara da Universidade de Santiago.
No eido musical tamén se desenvolverá a sétima edición do ciclo Lubicán, a través do que se busca achegar ao público lugués a música feita por grupos galegos de diferentes estilos, e que comezará en febreiro coa presentación do novo disco de aCadaCanto, A Rosa dAdina, homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, e coa presentación do último traballo de A Quenlla.
Nun plano musical diferenciado ao do Lubicán, atópase Sons Creativos, un espazo de creación musical que aposta pola música de vangarda e pola súa difusión. Este programa, organizado polo Grupo de Creación Sonora da USC baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, chegará en 2014 á súa sexta edición.
O Festival de Teatro Universitario, que este ano acada a súa vixésima edición e o XII Encontro de Danza, que terán lugar en abril, así como o Curso de Primavera, que na súa décima edición abordará o concepto de violencia como o aspecto transversal á cultura e á historia da humanidade, e o Maratón Fotográfico do Campus de Lugo son outras das citas destacadas que se manteñen este ano no marco do Lugo Cultural.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.