
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu ao homenaxe a Francisco Fernández del Riego no aniversario do seu 101 nacemento, nun acto organizado pola Real Academia Galega.
Na homenaxe, celebrada na sede coruñesa da entidade, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e a directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz Loroño. No acto interviñeron o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, e os membros numerarios Víctor Freixanes e Salvador García-Bodaño. Asemade tamén participaron os estudosos María Dolores Villanueva, Ana Acuña e Ramón Nicolás.
Unha Galicia vivida
Baixo o lema Unha Galicia vivida: homenaxe a Del Riego no 101 aniversario do seu nacemento', a RAG recordou a figura do narrador e presidente desta institución entre 1997 e 2001.
Cómpre recordar que Francisco Fernández del Riego pertenceu a xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Foi un dos principais artífices da Editorial Nós, ademais de dirixir os primeiros cen números da revista Grial, xunto a Ramón Piñeiro.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.