Notas de prensa

130 actividades completaron o programa de dinamización lingüística FalaRedes 2013

As 5 iniciativas gratuítas do programa (“Acuario”, “As pombas de Carboeiro”, “A nena e o grilo nun barquiño”, “Rosalía Pequeniña” e mais “Augalingua”) fomentaron o uso e valoración da lingua de Galicia entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausura a segunda edición do programa de dinamización lingüística “FalaRedes”, que despregou 130 actividades de promoción social do galego polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia durante este ano. As cinco iniciativas gratuítas do programa -“Acuario”, “As pombas de Carboeiro”, “A nena e o grilo nun barquiño”, “Rosalía Pequeniña” e mais “Augalingua”- fomentaron o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con propostas de calidade no noso idioma.

A derradeira actividade de “FalaRedes 2013” celebrarase esta tarde en Curtis, na Oficina Municipal, ás 17:00 horas, onde terá lugar a última función do espectáculo poético-teatral “Acuario”, que conclúe tamén o seu itinerario por 30 concellos da RDL.

‘Acuario’

Da man da comunicadora María Canosa e mais do Teatro dos Ghazafellos, os máis pequenos trasladáronse ao fondo dun acuario cheo de peixes e de humor para achegarse á poesía en lingua galega e coñecer os nomes dos animais que alí habitaban.

“Acuario” despregou durante o último trimestre do ano un total de 30 sesións por outros tantos concellos da RDL: Neda, Lobios, A Laracha, A Coruña, Celanova, Castrelo de Miño, Ourense, Ponteceso, Cerceda, Ordes, A Bola, A Peroxa, Pontedeume, Castro de Rei, Cospeito, Santiago de Compostela, Cotobade, Cee, Negreira, Muxía, Cabana de Bergantiños, Aranga, Dodro, Boqueixón, Muros, Melide, A Cañiza, A Baña, Corcubión e, despois da sesión desta tarde, Curtis.

‘As pombas de Carboeiro’

Outra das actividades de “FalaRedes 2013” foi “As pombas de Carboeiro”, un espectáculo musical e teatral a cargo da compañía Fantoches Baj que se montou en colaboración coa mocidade integrante das bandas de música de 19 concellos. Deste xeito, os mozos e mozas, a partir da súa afección musical, tomaron parte activa no desenvolvemento da propia actividade de dinamización en cadanseu municipio da RDL.

O itinerario de “As pombas de Carboeiro” incluíu as localidades de Vedra, Cambados, O Carballiño, O Rosal, Negreira, Melide, Padrón, Ortigueira, Fisterra, Tui, Valga, Ribadavia, Brión, Boiro, Viveiro, Foz, Sober, Lalín e Oleiros.

‘A nena e o grilo nun barquiño’

“A nena e o grilo nun barquiño” achegou o seu espectáculo de música, narrativa, poesía, teatro e baile en directo a 23 concellos da RDL: Carral, Ponte Caldelas, Outeiro de Rei, Cee, Ribadumia, Outes, Rois, Zas, Oroso, O Barco de Valdeorras, Vilaboa, Bueu, A Porqueira, Santiago de Compostela, Vila de Cruces, Piñor, Abegondo, Avión, Redondela, Caldas de Reis, O Carballiño, Malpica de Bergantiños e Cerceda.

Neste musical, os espectadores de todas as idades puideron vibrar coa viaxe da nena e mais do grilo por un mundo máxico e cheo de aventuras, acompañados en directo por 13 cancións do compositor Magín Blanco, un dos referentes actuais na discografía infantil en galego.

“Rosalía Pequeniña”

A música galega e en directo tamén foi o ingrediente principal do concerto “Rosalía Pequeniña”, no que a popular cantante Uxía versionou os poemas máis coñecidos da poetisa galega para celebrar a efeméride dos 150 anos da publicación de Cantares gallegos por 40 municipios da RDL. E é que dende o mes de maio, a actividade festexou a poesía e a música en galego nos concellos de Pontecesures, Ferrol, Dodro, Mos, Ponteceso, Xunqueira de Espadanedo, Melón, Sobrado, Teo, Val do Dubra, Miño, A Pontenova, Palas de Rei, Betanzos, Xove, Dumbría, Forcarei, A Lama, Marín, Cerdedo, Tui, Cuntis, Brión, Fene, A Baña, O Vicedo, Neda, Ponteareas, Toques, Cariño, Mondariz-Balneario, Carballedo, Cangas, Lousame, Baiona, Campo Lameiro, A Pobra do Brollón, Laxe, Carnota e Pontedeva.

“Augalingua”

A actividade estival “Augalingua”, dirixida a cativos de 6 a 12 anos, botou a andar a principios de xullo nas piscinas municipais ou nas praias fluviais de concellos do interior de Galicia. Durante os meses de verán, a xente miúda da casa puido participar nestas divertidas xincanas nas que os xogos de rapidez ou de axilidade se mesturaron con outros de lingua.

A actividade de dinamización lingüística chegou a un total de 18 municipios durante os meses de xullo e agosto: San Cristovo de Cea, Maside, Toén, Vilamarín, Taboada, Monterroso, Guntín, Ribas de Sil, Parada de Sil, O Barco de Valdeorras, A Veiga, Sarreaus, A Bola, Muíños, Cerceda, Lalín , Ordes e Castrelo de Miño

Toda a información sobre o programa “FalaRedes 2013” e as súas actividades pódese consultar no web www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-12-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES