O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe un simposio sobre Roberto Vidal Bolaño organizado pola Real Academia Galega. No acto que tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, o conselleiro destacou que a celebración do Día das Letras Galegas 2013 e actos como o de hoxe permítennos pescudar moito máis sobre a obra e os valores que nos achegou este excepcional dramaturgo.
Deste xeito, asegurou o conselleiro, grazas ás moitas achegas deste dramaturgo, temos un teatro profesional cunha traxectoria envexable, e sabemos que proceden dun punto no que Vidal Bolaño e quen facían teatro canda el crebaban estruturas obsoletas, arriscaban, incitaban a unha actitude crítica e, por baixo das partes funxibles do seu discurso, trasladábanlle á sociedade ideas para que medrase en calidade o sistema democrático que nos permite asumir o rumbo do noso futuro.
Durante a súa intervención, Vázquez Abad sinalou a importancia da colaboración entre entidades, como neste caso concreto aconteceu entre a Consellería e a RAG. Coma cada ano, tivemos o honor de apoiarmos a súa iniciativa en prol da expansión da escrita de Galicia, e sentimos como Goberno a mensaxe de unidade que construímos conxuntamente, onde acadamos o punto de concordia no obxectivo común de darlle un pulo a unha cultura e a unha sociedade que se transforman consonte evolucionan as distintas facetas que as integran.
No acto de apertura tamén estivo presente o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, mentres que o de Política Lingüística, Valentín García asistirá ao acto de clausurará que se realizará as oito e media da tarde na sede da Real Academia Galega. Ademais, a la inauguración tamén asistiron a delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o xefe territorial da Consellería na Coruña, Indalecio Cabana; e a decana da Facultade de Filoloxía da UDC, María Jesús Lorenzo.
Completo programa cultural
O simposio completouse co relatorio da profesora da universidade de Estremadura, Iolanda Ogando Encarnar o país: Galiza e as súas xentes no teatro de Roberto Vidal Bolaño e coa mesa redonda As facetas artísticas de Vidal Bolaño, na que participaron Anxo Abuín, Mónica Camaño e Comba Campoy. Neste espazo inaugurouse tamén a mostra 'Roberto Vidal Bolaño na Biblioteca-Arquivo Teatro Francisco Pillado Mayor'.
O encontro en torno á visión de Galicia e os seus habitantes no teatro de Roberto Vidal Bolaño continuará pola tarde na sede da RAG cos relatorios Tempo se seitura: os novos escenarios que nos deixa o ano Roberto Vidal Bolaño, a cargo de Roberto Pascual, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Posteriormente terá lugar a mesa redonda A dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño a cargo de Gustavo Pernas, Afonso Becerra e Xulio Lago. O dia pecharase coa proxección dun documental sobre el escritor e actor galego Recuperando a RVB, na que estará presente o director do mesmo, Gonzalo Enríquez Veloso.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.