Notas de prensa

Sabela Arias presenta o libro Historias de Icía e Avoa (Condensadas)

Editado pola asociación cultural Eira Vella, de Betanzos, o libro "Historias de Icía e Avoa (Condensadas)" foi presentado na Galería Sargadelos de Lugo pola súa autora Sabela Arias, que recolle nel unha escolma das viñetas publicadas desde 2003.

Na Galería Sargadelos de Lugo ven de presentarse o libro HISTORIAS DE ICÍA E AVOA (Condensadas), da lucense Sabela Arias Castro.
O libro está editado pola asociación cultural Eira Vella de Betanzos, e recolle unha antoloxía -resumida- dos milleiros de viñetas desta autora publicadas desde o 2003 ata o momento actual. Moitas delas viron a luz en Galicia Digital (www.galiciadigital.com).

Pilar Vázquez Rodríguez, Presidenta da Asociación cultural que edita a publicación, fixo unha reseña da actividade da autora como pintora e debuxante, ilustradora de diversas publicacións, ademais de profesora de plástica no Ies Maruxa Mallo de Ordes, facendo especial fincapé no seu papel de autora de viñetas nas que se recollen os diálogos dunha nena e a súa avoa (en realidade a filla e a avoa da autora), sobre os máis diversos temas da actualidade e da realidade deste país e do mundo.

NotaCharo Fernández Velho, profesora de galego do mesmo Instituto destacou que a Sabela se debe -cunha intensa campaña publicitaria ao respecto- que o nome do seus centro educativo leve o nome da destacada pintora viveirense, musa de toda unha xeneración que desenvolveu o seu labor no periodo máis difícil da nosa historia recente. Sinalou o lucensismo da autora -a pesar de traballar en Ordes e vivir en Betanzos- que se concretaba mesmo na lingua e na arte, e a súa militancia cultural e artística nas máis diversas accións.

E pechou o acto Sabela Arias para facer confesión expresa de lucensismo,
destacar o limiar de Neira Vilas e a introducción da súa filla Icía - unha
das protagonistas das historias- e agradecer a presencia de numerosos
amigos e coñecidos que enchían o local.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias

Xulio Xiz, 2013-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES