Notas de prensa

Sol de medianoche, novo poemario da escritora e académica Luz Pozo Garza

Presentouse o novo poemario da académica Luz Pozo Garza, editado baixo o título de Sol de medianoche. Recolle a obra máis recente da escritora galega publicado polo selo galego Eurisaces. Este poemario únese á produción literaria de Pozo Garza que ofrece títulos como Anfora, Concerto de outono ou Medea en Corintio.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na presentación do novo poemario de Luz Pozo Garza. "Sol de medianoche" é o título baixo o que se presenta a obra máis recente da académica da lingua galega, publicada este ano polo selo ourensán Eurisaces.

A Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés da Coruña acolleu a presentación da obra, na que a autora estivo acompañada por Ramón Pernas, director de Ámbito Cultural; polo coordinador de Eurisaces, Javier González; e mais polo escritor Ramón Loureiro. Nesta nova obra, Luz Pozo afonda no sufrimento a través de 64 poemas estruturados en cinco partes, que teñen como “centro e inspiración” a súa neta Natalia, falecida en 2011.

Traxectoria literaria

Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) iniciou o seu labor editorial en ‘Nordés’, revista de poesía e crítica da que foi directora. Forma parte da Real Academia Galega como membro numerario desde 1996 e tamén é membro do Centro PEN de Galicia. ‘Anfora’ (1949), ‘O paxaro na boca’ (1952), ‘Concerto de outono’ (1981), ‘Códice Calixtino’ (1986) e ‘Medea en Corintio’ son algúns dos títulos que conforman a súa obra poética.

Os premios Tomás Barros de ensaio, González Garcés e Letras de Bretaña, así como o da Crítica Española e a Medalla Castelao son algunhas das distincións coas que foi recoñecida a súa traxectoria literaria.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES