Notas de prensa

A Cicatriz Branca, de Margarita Ledo, estréase en Santiago de Compostela

O novo filme de Margarita Ledo, A Cicatriz Branca, estréase nunha dobre proxección no Salón Teatro os días 27 e 28 de outubro. Logo da súa estrea na capital galega, a película viaxará a Bos Aires, un dos escearios da rodaxe desta historia sobre as mulleres emigrantes de principios do século XX.

A cineasta galega, Margarita Ledo, segue coa promoción da súa nova película “A Cicatriz Branca”. Nesta ocasión é Santiago a cidade escollida. O domingo 27 ás 18 horas e o luns 28 de outubro ás 20.30, no Salón Teatro. Eva Veiga, Xabier Deive, Lino Braxe e Tamar Novas, entre outros, forman parte do elenco dunha película coa que Ledo Andión trata a temática das mulleres que emigraron soas na primeira metade do século XX.

Nesta ocasión faino a través das vivencias de Merce, interpretada pola poeta Eva Veiga. Destinada a servir nunha casa acomodada en Bos Aires, e tras perder ós poucos días o seu traballo, a protagonista pasa tres días na Estación Constitución onde a súa vida se entrelaza coa de outras emigrantes. A película ven a culminar un traballo de investigación iniciado co documental “Apuntamentos para un filme” onde se recollen diversas testemuñas de mulleres emigrantes que serviron de inspiración para as personaxes da película.

Presentación en Bos Aires

Tralo seu paso por Santiago, A Cicatriz Branca continuará o seu percorrido en Bos Aires, onde Margarita Ledo presentará o seu filme no Centro Cultural Virrey Liniers o próximo 30 de outubro co apoio da Dirección de la Mujer. Non será a única proxección na capital bonaerense xa que tamén se poderá ver no Centro Cultural da Cooperación o 4 de novembro.

O filme foi rodado en Galicia e Arxentina e conta entre as súas localizacións lugares como o Psiquiátrico de Castro, na Terrachá, o Hospital do Centro Gallego de Buenos Aires ou a propia Estación Constitución onde aconteceron moitas escenas semellantes ás que conta o filme. Declarada de interese cultural polo Ministerio de Cultura, A Cicatriz Branca contou co apoio de diferentes institucións como a AGADIC e de servizos de Igualdade tal os do Concello de Vigo, Deputación de Lugo, Concello de A Coruña ou o Instituto de la Mujer.

Margarita Ledo, unha cineasta comprometida

Poeta e escritora, da súa novela “Porta Blindada”a sae a personaxe masculina central do filme ‘A cicatriz branca’; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como “Cine de fotógrafos”, Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en ‘Illa’ ou en ‘Cienfuegos, 1913’; dirixe os documentais ‘Santa Liberdade’ e ‘Liste, pronunciado Líster’. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, e preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación.

Fotografía: http://acicatrizbranca.com/es/index.html

www.acicatrizbranca.com, 2013-10-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES