
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela inaugura a exposición Unas barbas en la Academia, la RAE en el legado de Camilo José Cela. Unha mostra coa que a entidade de Iria Flavia pretende adherise aos actor en conmemoración do tricentenario desta institución que se están a desenvolver en diversas partes do mudo co obxectivo de repasar a súa historia e importancia.
A mostra
Unas barbas en la Academia, la RAE en el legado de Camilo José Cela inclúe parte do legado persoal sobre a RAE que Camilo José Cela doou gratuitamente á Fundación. Así poderanse ver desde os primeiros estatutos que rexeron a institución, pasando polos seus boletíns, anuarios, gramáticas, ortografías e dicionarios.
O premio Nobel conservou unha gran colección de pezas relacionadas coa historia de esta institución, destacando entre elas coleccións curiosas coma a de discursos de ingreso de Académicos, a de Quixotes e obras de Miguel de Cervantes editadas pola RAE así coma a colección completa de cartas e telegramas recibidos e enviados para a súa campaña de ingreso na institución académica que culminou coa súa elección como Académico en 1957 ocupando a cadeira de brazos Q.
A exposición que reúne as pezas máis salientables deste conxunto, estará vixente ata xaneiro de 2014 e vai acompañada de talleres e actividades educativas gratuítas dirixidas a comunidade escolar -dende Infantil e Primaria a Bacharelato- relacionadas coa arte da palabra. Para máis información sobre esta e outras actividades gratuítas da Fundación pode consultarse o blog http://camilinojosesino.blogspot.com.es ou contactar coa Fundación no teléfono 981 81 24 25 ou no mail [email protected]
Activa participación
A institución padronesa tamén colabora na exposición conmemorativa dos trescentos anos da RAE organizada por Acción Cultural Española e a propia Real Academia Española La lengua y la palabra, que se está a desenvolver na Biblioteca Nacional de España ata o vindeiro 26 de xaneiro de 2014, co préstamo para exposición da medalla e do diploma do premio Nobel de Literatura outorgado a Camilo José Cela en 1989.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.