Notas de prensa

A Xunta axuda con 40.000 euros a 19 festivais musicais e escénicos afeccionados

Apóianse un total de 12 eventos de música e 7 de escena organizados por entidades municipais, universitarias e privadas. A Agadic publica na súa web a resolución desta nova liña de subvencións como pulo ao teatro, a danza e a música non profesional.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolveu a concesión dun total de 39.998 euros en axudas ás entidades organizadoras de 19 festivais, mostras, ciclos e certames escénicos e musicais de carácter afeccionado. Esta adxudicación corresponde á nova convocatoria de subvencións que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) puxo en marcha este ano co obxectivo de canalizar o seu apoio ao fomento e a difusión do teatro, a danza e a música desde o ámbito non profesional.

Dos 19 eventos beneficiarios –organizados por entidades municipais, universitarias, asociacións e empresas–, 12 encádranse na categoría de música, mentres que os 7 restantes corresponden a festivais e mostras de teatro amateur.

As contías outorgadas, que esgotan practicamente o orzamento de 40.000 euros reservado para esta convocatoria, oscilan entre os 3.460 euros destinados á XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia que promove a Aula de Teatro da Universidade de Santiago e os 677,60 euros que recibe o XII Certame da Canción Mariñeira do Concello de Laxe.

Adxudicatarios

No apartado de festivais musicais, os 12 adxudicatarios son o XX Festival do Río Castro de San Sadurniño (3.292 euros), XX Festival de Bandas de Música de Galicia de Vila de Cruces (2.712 euros), XX Revoltallo de Música e Cultura Xuvenil de Vigo (2.660 euros), Festival Arteficial de Ribadavia (2.332 euros), o ciclo de concertos Música para Todos do Rosal (2.243 euros), Rosario Orfebre Vocal da Coruña (1.819 euros), Mostra de Música-Danza Salsa na Rúa de Ribeira (1.652 euros), IV Mostra de Corais Vila de Mugardos (1.500 euros), Certame de Bandas de Música de Agolada (1.400 euros), I Festival de Bandas Xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra (1.026 euros), As Notas do Pemento-1º Festival de Música de Herbón en Padrón (873 euros) e o devandito XII Certame da Canción Mariñeira do Concello de Laxe (677,60) euros.

En canto ao ámbito escénico, ademais da XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia con 3.460 euros, os eventos que reciben axuda son os Ciclos de Outono da Federación Galega de Teatro Afeccionado en Santiago (2.779 euros), Terceira Semana de Teatro Popular Vila de Sarria (2.700 euros), II Mostra de Teatro Afeccionado do Teatro Colón da Coruña (2.578 euros), XIV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei (2.500 euros), Festival de Teatro Amador Esténarúa de Ferrol (2.243 euros) e De Perto-Espazos de Cultura no Barco de Valdeorras (1.551 euros).

Investimentos

Os festivais, celebrados todos eles desde o 1 de xaneiro de 2013 e ata o vindeiro 31 de outubro, destinarán estas contías a financiar unha serie de gastos subvencionables, entre os que se atopan aqueles relacionados coa difusión e a publicidade do evento, o alugamento de espazos e de servizos e equipamentos técnicos, os cachés dos grupos e compañías, a dotación de premios e os gastos de viaxes e aloxamento dos participantes nas diferentes actividades.

A través desta nova liña de axudas, a Agadic busca enmarcar nunha convocatoria pública, regular e sistematizada, o seu apoio ao importante labor de fomento e de creación de públicos que se realiza desde o terreo amateur. Xa no ámbito profesional, a Axencia Galega das Industrias Culturais resolveu o pasado mes de setembro a súa convocatoria de axudas a festivas profesionais de escena e música, a través da que este ano destinou 360.000 euros a apoiar un total de 17 eventos.

A resolución desta convocatoria pode consultarse nas seccións de avisos e de axudas da web da Agadic (www.agadic.info [nova venta] ).


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES