A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo na mesa inaugural do VIII Ciclo de Mesas Redondas Escritoras/es na Universidade. A oitava edición desta iniciativa, que leva por título Unha outra literatura para un outro tempo, conta coa colaboración do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez Abad e ten como finalidade achegar á mocidade universitaria aos xéneros narrativo, poético e teatral, da man de autores de referencia da literatura galega actual.
No acto de apertura, acompañaron o secretario xeral a decana da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (UVigo), María Rosa Pérez Rodríguez; a vogal da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) por Vigo, Rexina Vega, e os escritores Alberto Lema e Samuel Solleiro.
Mesas redondas de poesía, narrativa, teatro e ensaio
O VIII Ciclo de Mesas Redondas Escritoras/es na Universidade. Unha outra literatura para un outro tempo desenvolverase ao logo de tres xoves noutras tantas sesións que contarán con cadansúa mesa redonda centrada, respectivamente, na narrativa, na poesía e no teatro. O ciclo deu comezo cun coloquio arredor da posmodernidade no que participaron Alberto Lema e Samuel Solleiro. A vindeira centrarase na poesía, da man de Bérta Dávila (gañadora da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol pola peza O derradeiro libro de Emma Olsen) e de Gonzalo Hermo. A terceira mesa redonda terá lugar o xoves 17 de outubro e nela participarán, para abordar a temática teatral, Antía Otero e Vanesa Sotelo.
Todas as sesións deste ciclo terán lugar ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.
Colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia a AELG na realización desta iniciativa. Dentro deste marco de colaboración a Consellería apoia outras actuacións desta Asociación que inciden na difusión das obras dos escritores e escritoras en lingua galega, así como na súa proxección exterior.
Entre as feitas no ano 2013 destacan as visitas de escritores aos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas cos que conta a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia en Cáceres e mais en Dublín ou a participación de membros da AELG na X edición do curso de formación continua As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora, que organizou o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela o pasado mes de xullo.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.