Notas de prensa

Arranca a XXXV Semana de Cine coa presentación do libro Rodado en Lugo

O grupo fotocinematográfico Fonmiñá pon en marcha, un ano máis, a 35º edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Un evento xa clásico na cidade das murallas que este ano comezou coa presentación do libro coordinado por Manuel Curiel "Rodado en Lugo", onde se recollen 84 películas.

A delegada territorial, Raquel Arias, subliñou o “excepcional traballo” realizado por Manuel Curiel ao poñer de relevo o “influxo artístico “ e a vinculación de Lugo co cine a través das 84 películas cuxa rodaxe se desenvolveu na provincia e que aparecen no seu libro Rodado en Lugo.

A delegada fixo extensivo o recoñecemento a todo o grupo Fonmiñá, organizador da Semana de Cine, que hoxe abre os actos da súa 35ª edición coa presentación deste novo libro do director do certame.

Arias agradeceu o labor que desenvolve o grupo en prol da cultura, e en concreto o feito de que acheguen a Lugo obras cinematográficas moitas veces excluídas dos circuítos comerciais e que dificilmente chegarían á nosa provincia de non ser pola Semana de Cine.

Igualmente, lembrou que, en paralelo co certame, estase a producir unha importante biblioteca sobre cine en Lugo “dado que xa agardamos en cada edición unha nova obra de Curiel que nos ilustre tanto sobre os cines que tivo a cidade como sobre figuras lucenses vinculadas ao cine ou sobre rodaxes, como a presente”.

A delegada referiuse tamén á exposición que acompañou á presentación indicando que “se ben o cine une a literatura e a fotografía dunha forma única, ambas por separado constitúen arte, coma poderemos comprobar nesta mostra”.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa celebración desta Semana de Cine, na que se proxectarán 83 títulos de distintas metraxes, xéneros e temáticas tanto para público infantil como xeral.

O grupo cinematográfico Fonmiñá inclúe nesta ocasión unha sección dedicada a películas relacionadas ou rodadas na provincia luguesa, dentro da que poderán ver 10 filmes: Fuego, Matías, juez de línea, Beatriz, El rey del río, Volvoreta, A los que aman, La vieja música, Cuando vuelvas a mi lado, Besos en la oscuridad e Tierra de Fuego.Nota

Ademáis desta presentación, iniciaron as proxeccións nas distintas salas que, como cada ano, teñen na Sección Oficial a súa cita central. "Avión, el pueblo ausente", inaugurou este evento na súa XXXV edición aberta á votación do público.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial Xunta de Galicia en Lugo, 2013-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES