
A Concelleira de Cultura,Turismo, Xuventude e Promoción da Língua. Carmen Basadre, participou na presentación da XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que tivo lugar na Deputación provincial.
Carmen Basadre felicitou ó grupo Fonmiñá ó que agradeceu en nome de todos os lucenses a organización desta 35 Semana de Cine de Autor que pón a Lugo no mapa cinematográfico e ten repercusión máis alá das nosas fronteiras galegas.
Destacou que este evento ofrécenos a oportunidade de poder disfrutar de cine de calidade, películas que saen do circuito comercial.
Tamén reivindicou a importancia do cine e da cultura que son, dixo Carmen Basadre, unha necesidade humana que nos axuda ó noso desenvolvemento e a comprender o mundo, a ser máis tolerantes e dialogantes.
A Concelleira de Cultura destacou que a cultura en xeral e o cine en particular non son nin poden ser un obxecto de luxo, aínda que, nestes momentos, a suba do IVE fai que cada vez sexan máis as persoas que non teñen acceso a gozar do cine ou do teatro e levou ó peche de moitos cines, tamén en Lugo.
A XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, organizada polo Grupo fotocinematográfico Fonmiñá, desenvolverase do 16 ó 21 de setembro e as distintas actividades programadas terán lugar en distintos escenarios como son o Aditorio Gustavo Freire, o salón de actos da Deputación, o Museo provincial, a sala de NovacaixaGalicia, a Biblioteca provincial, o Vicerreitorado da Universidade e a Galería Sargadelos.
O amplo programa inclúe os seguintes ciclos: infantil, o mellor do ano, curtas-sección oficial, sección oficial, e para comer
Lugo, rodado en Lugo, sección especial e as curtas tamén son cine.
A inauguración oficial da Semana de Cine terá lugar o luns, día 16, ás 22.45 horas, no Auditorio Gustavo Freire, onde se fara a entrega do premio a Mar Balcelles Font, gañadora do concurso de carteis anunciador da Semana e se proxectará a curtametraxe El vendedor de humo e a película a concurso dos lucenses María e Marcos Hervera Avión, el pueblo ausente, que asistirán á estrea en Lugo.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.