Notas de prensa

A oferta cultural do Ano Franciscano, nos 53 concellos das rutas xacobeas galegas

A programación organizada polo Ano Franciscano baixo o título "Cultura no Camiño" percorrerá os concellos das rutas xacobeas, logo de terse recibido 570 propostas de espectáculos escénicos e musicais que conmemorarán o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programará, con motivo da celebración do Ano Franciscano, actuacións escénicas e musicais en 53 concellos galegos ao longo do vindeiro mes de outubro.

Baixo o título Cultura no Camiño, as localidades participantes, todas elas radicadas nas distintas rutas xacobeas, acollerán concertos de diversos estilos, así como funcións de teatro, danza, maxia e novo circo nun intenso calendario de actividades coordinado pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) coa colaboración de Turismo de Galicia como parte da conmemoración do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.

Co obxectivo de impulsar a descentralización da oferta cultural galega, achegándoa deste xeito ao maior número posible de espectadores, a Consellería de Cultura e Educación dirixiu esta iniciativa de xeito específico aos concellos dos Camiño de Santiago que non forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Trala súa inscrición, deberán achegar o 50 por cento dos custos do programa, así como seleccionar os espectáculos e/ou concertos concretos que se exhibirán nos seus respectivos escenarios, cun mínimo de dúas actuacións por concello.

Oferta para todos os públicos

Os xestores culturais locais poderán elixir cadansúa programación dentro do amplo abano de 570 propostas para todos os públicos recibidas a este fin na Agadic. Delas, 301 corresponden a concertos de todos os estilos musicais, 76 a funcións de teatro para adultos, 84 a títulos de teatro infantil, 38 a espectáculos de danza (7 dirixidos a nenos), 45 a actuacións de maxia e 26 integrados por disciplinas enmarcadas nos distintos xéneros do novo circo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-09-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES