Notas de prensa

Ramón Chao moderará en Vilalba un cine-coloquio sobre Luis Buñuel

O vindeiro 31 de agosto, día de San Ramón, terá lugar en Vilalba un cine-coloquio coa proxección de A Vía Láctea, película realizada por Luis Buñuel en 1969. Moderado por Ramón Chao e Moncho Paz, celebrarase ás 18:30 horas no Auditorio Municipal. O acto, de entrada gratuíta ata completar aforo, está organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), o xornal A Voz de Vilalba e a plataforma cívica Amigos de Prisciliano.

Como outras películas do universo Buñuel, A Vía Láctea trata de temas como o catolicismo, o comunismo e o surrealismo. O guión é do propio Buñuel e do francés Jean-Claude Carrière, que na cinta interpreta o papel de Prisciliano e que na actualidade é o presidente de honra da plataforma cívica Amigos de Prisciliano, fundada por Ramón Chao e Ignacio Ramonet.

A Vía Láctea é unha obra única na filmografía de Buñuel, e recolle todas as obsesións do autor. Dous peregrinos contemporáneos parten, como o fixeron desde a Idade Media, da Rue Saint-Jacques en París cara a Santiago de Compostela. O formato é o da tradicional narración picaresca na que unha parella de desposeídos sobreviven ao longo do trazado xacobeo. Asemade, é a narrativa aínda máis tradicional do cabaleiro andante e o seu escudeiro na procura busca da fe e da honra.

Como colofón deste acto, Ramón Chao interpretará ao piano "O lago de Como", peza que deu título á súa primeira novela -publicada en 1983, da que agora se cumpren 30 anos- e que foi finalista no Premio Nacional de Narrativa.

A Voz de Vilalba, 2013-08-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES