Máis de 200 profesionais participaron neste proxecto pioneiro da produtora Artefacto Producciones, entre os que destacan técnicos especialistas na captura nesta modalidade de 3D, animadores e modelmakers chegados de todo o mundo.
A banda sonora é obra do compositor norteamericano Philip Glass, candidato ós premios Óscar en tres ocasións. Durante a gravación, o equipo traballou en 19 sets de rodaxe de forma simultánea, rodando unha media de entre 2 e 3 segundos diarios por animador, e utilizando arredor de 90 bonecos para dar vida ás 13 personaxes da película.
O APÓSTOLO arrancou a súa promoción no Festival Internacional de Cine de Moscova, considerado un dos máis prestixiosos do mundo. A película conseguiu facer historia ó ser a primeira vez que unha película de animación competía na súa Sección Oficial. Tras realizar unha conseguiu estar coma finalista ó Goya á Mellor Película de Animación.
Na súa traxectoria internacional destaca o Primeiro Premio no Festival Expotoons en Bos Aires , así coma o Grand Prix no Festival Cinehorizontes de Marsella. Recibiu o Premio Especial do Xurado no Fantasporto, o Premio á Mellor Banda Sonora e o Premio do Público na Mostra de Lisboa. Recentemente ten recibido o Premio do Público no Festival de Cine de Annecy, Francia, un dos festivais internacionais referentes no mundo da animación.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.