
De entre todos os traballos presentados unha comisión de expertos seleccionará os 25 mellores para ser expostos na praza Anxo Fernández Gómez. A Deputada salientou que esta é unha grande oportunidade para os artesáns presentes, tanto para dar o seu traballo a coñecer como para vender.
Esta é a 17ª edición desta cita que pretende dar a coñecer o traballo dos artesáns lucenses para o que a organización intentará que todas as comarcas da provincia estean representadas por profesionais.
Os artesáns interesados en expoñer as súas creacións neste evento poden xa consultar as bases en onde atoparán tamén o formulario que deberán cubrir e entregar, xunto coa documentación requirida, antes do 31de agosto para formalizar a súa inscrición. Poden presentar ditos documentos, ben a través de correo postal, na dirección: Travesía Rúa Chantada s/n, CP 27004, Lugo.
Ao longo do mes de setembro, a comisión organizadora seleccionará ós 25 profesionais que expoñerán os seus traballos, tendo en conta criterios como que amose varias disciplinas artesanais, o envío de documentación completa, así como a orixinalidade dos produtos, que sexan innovadores, ecolóxicos, sustentables, ou represente un valor consolidado ou pioneiro do sector artesanal.
Grande oportunidade para os artesáns
Os artesáns teñen que amosar nos seus stands produtos relacionados directamente coa súa actividade profesional e a súa participación é unha grande oportunidade para as ventas. O beneficio acadado en edicións anteriores sitúase preto dos 100.000 euros. A organización establece para este ano 2013, tres premios dotados con seiscentos, trescentos e cen euros respectivamente para os mellores stands. Os criterios a valorar serán o deseño do posto, a presentación do produto, a orixinalidade, o seu carácter ecolóxico e sustentable e en definitiva, a comisión valorará calquera outro aspecto que supoña un esforzo decidido para mellorar a imaxe da feira.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.