Notas de prensa

Nava Castro recibiu a unha delegación de xaponeses que percorren o Camiño de Santiago procedentes da illa de Shikoku, que conta tamén cunha peregrinación milenaria

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, recibiu esta mañá en Santiago a unha delegación de peregrinos procedentes da illa nipona de Shikoku. A delegación iniciou deste xeito as visitas institucionais para establecer unha liña de colaboración entre a promoción do Camiño de Santiago e a promoción do Shikoku Henro, unha viaxe relixiosa por 88 templos que rodea a illa de Xapón e que consta duns 1.200 quilómetros de percorrido.

Esta peregrinación iniciouna hai máis de 1.200 anos o gran monxe Kobo Daishi Kukau que realizou este percorrido co obxectivo de levar a cabo unha formación persoal. Cada ano medio millón de persoas realiza este percorrido.

Durante uns días, os integrantes desta delegación procedente de Xapón percorreron a Ruta Xacobea polo Camiño Francés e hoxe mesmo achegábanse tamén a coñecer Fisterra. Os integrantes da delegación, entre os que se atopaban os responsables de dous dos 88 templos que conforman o Shikoku Henro, amosaron gran interese pola Ruta Xacobea e por establecer liñas de colaboración mutua na difusión, promoción e divulgación de ambas peregrinacións milenarias.

Representantes de Turismo de Galicia viaxarán en breve á illa nipona para coñecer de preto as singularidades da ruta e para traballar en futuras colaboracións conxuntas de cara a estreitar os lazos entre ambas peregrinacións.

A ruta Shikoku pode percorrerse a pé pero tamén en bicicleta, en moto ou en coche. É unha ruta centrada na natureza e na contemplación da paisaxe, así como no patrimonio e a tradición.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES