A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha campaña co obxectivo de incentivar aos peregrinos do Camiño de Santiago a achegarse á Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, Padrón, a través do uso da tecnoloxía de código QR, que lle permitirá a todos eles obter entrada reducida e un exemplar dunha obra do escritor galego. Cabe recordar que a Casa Museo se atopa dentro do horario especial de verán, polo que os visitantes poden achegarse á Fundación de luns a venres de 10 a 21 horas, de forma ininterrompida.
Un bo lugar para facer un alto no camiño é o que resulta ser a Fundación Pública Galega Camilo José Cela, e así o recollen nos carteis promocionais que se foron repartindo en albergues, oficinas de turismo, bares e diversos lugares de Padrón e arredores. Estes carteis contan cun código QR que os peregrinos deberán descodificar para poder obter as vantaxes ao entrar na Casa Museo. Desta maneira, no momento da descodificación do código, os peregrinos recibirán unha frase no seu Smartphone que, posteriormente, deberán ler á entrada da Fundación. Con isto, conseguirán a entrada reducida a 2 euros e o libro de agasallo.
Así, esta campaña é unha aposta da Consellería de Cultura e Educación para impulsar a visita ao legado do autor galego Camilo José Cela por parte dos peregrinos que a diario pasan polas terras de Iria Flavia. Esta promoción, aínda que está focalizada nos peregrinos, tamén está aberta aos diferentes turistas que se acheguen a Padrón.
Fundación pública e galega
A Fundación Camilo José Cela foi constituída en 1986 polo propio escritor padronés co propósito de conservar todos os seus manuscritos, libros e documentos persoais. Ademais destes fondos, conta con obras pictóricas e diversas coleccións que constitúen un importante legado artístico, cultural e persoal accesible a todos os públicos.
No ano 2012 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decretou o carácter público da Fundación, que pasou a denominarse Fundación Pública Galega Camilo José Cela, baixo tutela da Administración Autonómica.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.