
A Consellería de Economía e Industria, aposta por un proxecto que busca renovar a presenza da artesanía e xerar novas oportunidades que beneficien ao sector a través de sinerxias e novas oportunidades de negocio. O encontro terá un carácter multidisciplinar e plural tanto dende o punto de vista das actividades a desenvolver como dos oficios representados. Exposicións, intercambios comerciais, obradoiros para artesáns, obradoiros para nenas e nenos, mostras de métodos de traballo, venda de produtos agroalimentarios, conferencias, presentación de novos proxectos, actuacións musicais, entre outras moitas actividades, teñen como misión configurar unha oferta diversificada capaz de satisfacer a demanda dos máis variados e esixentes visitantes.
I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia 5, 6 e 7 de xullo · Os Pendellos, Agolada [Pontevedra]
Horario de 11:00 a 20:30
Artesanía en vivo
Venda de productos artesanais
Obradoiros de artesanía e música para nenas e nenos Actuacións de baile e música tradicional
Conferencias, exposicións e obradoiros
Showcooking, degustación e venda de produtos gastronómicos
BENVIDOS
A artesanía galega marcará un ano mais no concello de Agolada, a súa diferenciación e a súa identidade propia nun encontro único, fiel as súas orixes e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da súa orixinalidade. Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesáns pero tamén da nosa paisaxe e da cultura tradicional e popular de Galicia. A súa orixinalidade e atractivo permitirá ao II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia ampliar os obxectivos acadados na primeira edición na procura da dinamización socioeconómica, a difusión da cultura e da tradición e a promoción turística.
PROGRAMA COMPLETO:
http://artesaniadegalicia.xunta.es/sites/default/files/PROGRAMA.pdf
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.