Notas de prensa

A nova Lei de Galeguidade nace do consenso coas Comunidades no Exterior

O novo texto lexislativo aprobado polo Parlamento de Galicia, en substitución do de 1983, preserva o patrimonio das Comunidades Galegas no Exterior, dá pulo á muller e á xuventude, e consolida as prestacións socioasistenciais.

O Parlamento de Galicia vén de aprobar a nova Lei de Galeguidade, que substituirá á vixente desde 1983 e que foi pioneira na súa materia en toda España, e cuxo proxecto naceu do amplísimo consenso emanado da última xuntanza do Consello das Comunidades Galegas, que tivo lugar o pasado verán en Compostela.

Durante o seu debate no hemiciclo autonómico, o grupo maioritario aceptou a transacción de máis de medio centenar de emendas, redactadas no texto definitivo. Entre as melloras introducidas no trámite parlamentario, cabe salientar o engadido da regulación da figura do retornado, a iniciativa do Grupo Parlamentario Popular.

Así, o texto clarexa con exactitude quen pode acollerse a esta denominación, ata o de agora sen definición legal concreta, e asimila en dereitos a cónxuxes e descendentes en primeira orde, sempre e cando se reúnan os requisitos establecidos na propia lei.

Entre os eixos da nova lei, cabe destacar a incorporación ao seu articulado da importancia das comunidades galegas no exterior como axuda á proxección económica de Galicia. Tamén cómpre salientar, como outro dos aspectos clave do novo texto legal, a preservación do patrimonio material e inmaterial das entidades galegas.

Unión e mellora

Faise fincapé asemade na conveniente unión dos centros da diáspora, para poderen seguir garantindo as súas prestacións, sobre todo as socioasistenciais, que son as máis relevantes para os galegos da diáspora, e tamén para as entidades galegas no exterior. Neste senso, o fomento da unión entre entidades, que recolle o texto, persegue a mellora dos servizos que prestan as entidades e a eficiencia no investimento dos recursos.

O texto reflicte e fomenta o papel histórico e do presente das mulleres na Emigración galega, e a necesidade da súa participación plena no ámbito da Galeguidade. Igualmente, fai un recoñecemento ás mozas e mozos, garantes da permanencia da chama da galeguidade en moitos lugares do planeta, e necesarios para a renovación xeracional.

Plásmanse ademais no proxecto as novas posibilidades de relación que abren as novas tecnoloxías entre a Xunta e os seus administrados, vivan estes onde vivan. Estipúlase a necesidade de afondar nesa vía para fortalecer a relación entre as moitas Comunidades Galegas do Exterior e a Galicia territorial.

Máis do 15% dos galegos

Segundo os datos do INE, preto de 450.000 galegos viven fóra da Galicia territorial, espallados polos cinco continentes, sen contar cos residentes noutras Comunidades Autónomas españolas. Daquela, a nova lei atinxe a máis do 15 por cento do total de cidadás galegas e cidadáns galegos, que residen fóra de España.

Desta ampla diáspora, o 93 por cento concéntrase en once países, sete americanos (Arxentina, Venezuela, Brasil, Uruguai, Cuba, Estados Unidos e México) e catro europeos (Suíza, Francia, Alemaña, e Reino Unido). Estatisticamente falando, cómpre salientar que preto da terceira parte da diáspora galega reside na cidade autónoma arxentina, e provincia, de Bos Aires.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES