Os fotógrafos Manuel Sendón e Fran Herbello recuperan a vivencia da expedición nunha mostra conformada por imaxes tomadas desde a proa dunha piragua polas augas do río Verdugo e da ría de Vigo, na que achegan a súa ollada sobre o territorio. Mil ríos é o título baixo o que se presenta este proxecto artístico, que se pode ver ata o 6 de setembro no Museo do Mar de Galicia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou este serán na inauguración da exposición, que tamén contou coa presenza dos dous artistas e da directora do museo, Marta Lucio. A auga é para nós un elemento de identidade; non é casual que esteamos hoxe construíndo a nosa axenda cultural nun lugar que é Museo do Mar e que veñamos poñer o foco río arriba, nas augas que envolven a nosa xeografía, afirmou Anxo Lorenzo.
Manuel Sendón e Fran Herbello engadiu ofrécennos unha ollada distinta e suxestiva coa que nos propoñen achegarnos ao fluír do río desde a ría de Vigo, case coma exploradores do medio. Este é o comezo dun trazo que queren continuar por outras correntes de Galicia a través dunha proposta moi estética e moi acaída, para provocar en nós ese reencontro natural e imprescindible co noso medio, para coñecelo, para valoralo, para darnos nos ollos coa idea de arte pura, natural, dixo.
Recuperar a vivencia da exploración
O eixo central deste proxecto fotográfico que comezou hai dous anos constitúeo a vivencia da exploración como medio para se achegar ao territorio. Durante este tempo, Manuel Sendón e Fran Herbello realizaron coas súas cámaras a bordo dunha piragua expedicións por ríos como o Anllóns, o Ulla ou o Tambre, ademais do Verdugo, protagonista da exposición que se pode visitar no Museo do Mar.
Esta é a primeira mostra deste proxecto, á que está previsto que sigan exposicións que terán outros ríos como base do percorrido fotográfico pola paisaxe galega.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.